martes, 8 de xullo de 2014

5 chaves para crear unha estratexia de comunicación

estratexia de comunicación

Estratexias de comunicación en Social Media.

A comunicación xurde no intre no cal duas (ou mais) persoas deciden poñerse a falar entre elas, e mais concretamente cando existe ese "algo" que é de interés común para que a conversa sexa de interés para todas as partes. Este elemento común chamamaselle "Obxecto Social".

O Obxecto Social será o elemento a considerar para diseñar nosa estratexia de comunicación na Internet para visibilizar nosa marca ou emprendemento. Definamolo previamente: ¿Imos falar de suciedade, de manchas, de lavar, de limpeza, de hixiene ou de lavadoras?

1.- ¿En que Medio Social debemos dar visibilidade a nosa organización?

O primeiro paso a realizar ANTES de decidirnos a que nosa empresa ou organización tome forma nas Redes Sociais, compre definir os conceptos de Estratexia e táctica.
A estratexia é o que se pretende acadar, a táctica é o como vaise acadar o obxectivo.
Por elo, antes de lanzarse a crear contas no Pinterest, Twitter, Facebook etcétera, a PeME ou ONG debe ter claro o QUÉ:
  • ¿Cal é o seu nicho natural? ¿Cales os mellores subnichos?
  • ¿Qué mercado pretende acadar?
  • ¿Qué activos pretendemos conquerir coa nosa presencia? ¿Unha base de datos? ¿Visitas o noso blogue?
  • ¿Onde está a oportunidade en Marketing no Mercado? ¿Qué aspectos están desatendidos no noso eido?
Unha vez definida a estratexia QUÉ, centraremonos na Táctica: CÓMO.

Por outra banda, compre instalarse a estratexia e a táctica baixo concepcións flexibles: En ocasións o producto ou servizo que se define como primario non resulta o mais demandado, e é o mercado obxectivo quen axuda (manda e ordea) a definir e refinar esa idea que tiñase en mente inicialmente.

Deixando ás lectoras con esta reflexión, fanse a seguir unhas consideracións que por xenéricas poden ser válidas para calqueira emprendemento, pero deben ser tomadas cos matices propios de cada sector, temática e público que se pretende acadar ou que se achega.

2.- Normas xerais para unha estratexia de comunicación en Social Media.

  • Realiza sempre probas A/B e observa o resultado.
    Non te centres nunha soa táctica. Os medios sociais non son matemáticas, os resultados dependen da percepción das persoas humanas e da túa capacidade para transmitilas.
  • Instalate nas Redes mais populares.
    Facebook e Twitter son as Redes mais consolidadas e con maior número de usuarias.
  • Para entidades con temática técnica ou moi específica, Linkedin é mellor opción, xa que as interaccións que se xeneran son de maior calidade e permiten unha retroalimentación mais aló da simple conversa.
  • Xenera contido audiovisual, divulgable por Youtube ou Vimeo. Os videos gozan de moito prestixio, e teñen un seguemento amplo e unhas altas tasas de partille.
  • Usa o poder da Imaxe.
    As organizacións que traballan con elementos altamente visuais, como poden ser o mercado da moda, da protección ambental, a imaxe persoal ou as asociacións animalistas, teñen un espazo moi interesante nas Redes de Imaxes como Pinterest ou o Instagram.
  • Xestiona adecuadamente os lugares onde te instales.
    De pouco sirve estar en 14 Redes e telas abandoadas ou con contido que non é relevante.
    As Redes Sociais non son unha canle de venda directa; son unha vía de comunicación coas nosas usuarias e o público en xeral; unha vía para transmitir coñecementos interesantes para nosas clientas e para OBTER información que nos interese de estas.
    Non é necesario estar en TODAS as redes sociais, compre elexir as que realmente aporten valor. (Repito A/B).

    Son moito mais valiosos 200 seguidores que interactúen coas nosas páxinas e perfís sociais que 3000 "me gusta" pasivos. Non é certo que cantos mais gusta mellor. As dúas chaves do xogo nos Medios Sociais son: Elaborar e difundir contidos de valor e despertar o interese e interacción da audiencia.
  • Mantén os perfis corporativos actualizados.
    Todos os perfís corporativos das marcas nas Redes Sociais deben estar actualizados e cumplimentados o máximo. Deste xeito xenerase confianza e seguridade nas persoas que accedan a eles, e deben redirixir á páxina de captación da empresa. Se non actuamos así estaremos actuando con desdén e perderemos a confianza das usuarias.
  • Mantén un Blogue:
    A hora de compartir contidos debemos ter en conta  o concepto de posicionamento.
    Decimos posicionamento que túa páxina apareza nas buscas en función das verbas que se empregue para definir o voso emprendemento.

    Unha ferramenta adecuada para coñecer cales son as verbas que debemos usar é o planificador de verbas chave de google.

    Os blogues son básicos para difundir información de calidade: Mostra como sacar mais proveitos dos teus productos, as novedades do teu sector, informes, estudos, cultura, ocio... dalle mais ás túas usuarias.

    Existe unha notable discusión de cal de si mellor Blogger ou WordPress para instalar noso blogue. O WP ten plantillas mais chulas, iso certo; o Blogger é moi doado de usar. Respecto o posicionamento existe discrepancia. Terás que probar onde te sintes mais cómoda.
  • Crear unha Wiki.
    As wikis (hay centos) son ideais para realizar traballos colaborativos e que esten indexados. Tanto ten o tema sexa de leis como para facer o despece de unha lavadora ou agrupar unha serie de "Cómos" (How to).

Nada do dito implica que sexa necesario abandoar unhas redes para manter presenza exclusivamente en outras, xa que todas elas poden complementarse. É importante valorar cales son os sitios onde xeneramos maior número de interaccións e atopemos maior cantidade de prescriptores.

Inscribete.
Entre os Inscritos presentes sortearemos unha
analise de situación e plan de accións correctoras
de balde para seu negocio.

3.- Organizar o traballo

Unha estratexia nos Medios Sociais pode ser variopinta, e para ter o propio espazo nos nos medios sociais na sociedade da banda ancha, compre estabelecer unha serie de pautas para un desembarco exitoso.
As Redes Sociais son o principal motor de compromiso ou enganche coa comunidade de usuarias, polo que compre definir e harmonizar as pautas de traballo para obter os resultados pretendidos.
Debemos asignar un liderazgo individual ou compartido e definir tarefas, plazos, responsables e fórmulas e temporalizaciòn de control.
Os calendarios deben ser públicos (dentro da organización) e deben involucrar a todas as traballadoras da empresa ou da entidade sin ánimo de lucro, igual que ocurre cos servizos e traballos que desenvolvemos off line.

Unha realidade constatable é que ás Tecnoloxías da Información e Comunicación cambiaron para sempre (salvo hecatombe) a forma como se promocionan cara ó exterior as organizacións. No novo contexto xogan especial relevancia os medios sociais (os que agora utilizamos ou os futuros).
A persoa que antes tradicionalmente miraba e as veces participaba (tanto nas accións da ONL como nos actos de comercio) troca en ciberactivista convidando ás outras a facer o mesmo.
Cara o Comercio, esta é a traducción do boca orella de toda a vida, pantalla-ollo-oido hoxe; para as ONLs supón unha difusión inmensa das causas sociais  e solidarias. En ambos casos, o que antes chegaba a un ámeto moi concreto atopa agora cotas de intercambio de información sin precedentes.

¿Qué contidos compartir


Temáticas de actualidade

Os temas de actualidade poden servir para atraer a atención das nosas audiencias. Poden valer tanto datas sinaladas como utilizar eventos populares como engado para facer entrar as persoas no teu contido.

Exemplo: Día mundial da Internet. As empresas podería utilizar a efemeride para falar de sistemas de transmisión ou recepción, velocidades e características técnicas dos seus productos, destacarse con productos exclusivos adquiridos vía internet nese día ou simplemente realizado na Web durante o ano anterior.
As ONGs centraríanse no dereito universal o acceso a información, a censura en determiñados lugares, facer fincapé en comportamentos seguros ou amosar recursos formativos relacionados.

Temáticas persistentes no tempo

Escribense ou traballanse unha vez e se revisan. Son a fonte forte de tráfico ós nosos contidos.
Consisten en analises en profundidade arredor de un tema concreto.
Mantendo o exemplo anterior, poderíamos crear un post de ¿Cómo funciona internet? (ONGs e empresas focalizarían según súa óptica). Este artigo sería detallado e profundo, con anécdotas e ben referenciado. Crearíase un calendario de  revisión, re-edición e republicación incorporando novedades ou cousas novas que aprenderamos.O ser contido atemporal sempre poderemos contar con el para que traia lectoras e tamén para encher un buraco editorial.

4.- Resumindo: Contido, contido e contido

Todo o dito anteriormente non vale de nada se non aportas valor, e na Internet o valor ven da man da calidade de TODOS os contidos que ofreces nos medios.

  • Tíduos e subtiduos: Claros, concretos e non repetitivos.
  • Descripcións e utilidades dos productos: Detallados, creativos, sin "copiar-pegar". Reflexa as características únicas do teu servizo ou producto. Diferenciate.
  • Estrutura e Ortografía: Ordea teus contidos de un xeito minimamente lóxico. Coida a ortografía. A ninjén  justalle ber palavras mal escriptas.
  • Publicacións e comentarios en Redes Sociais: Replica comentarios que leeras e consideraras interesante. Non te fies solo dos titulares. A Internet está chea de artígos valeiros e mal redactados.
  • Non colgues sin mais os artigos, ¡ aporta algo!, ainda que sexa solo unha expresión. (¡Que gran idea! ¿Coñecías este truco? ...)
  • Xestiona os comentarios que xeneren túas seguidoras; contesta sempre e observa seus comportamentos.
  • Provoca a interacción das seguidoras, pide opinión, fai enquisas, concursos... e lembrate de agradecer.
  • Agradece.Gracias e por favor son dúas expresións moi valoradas e son gratis.

5.- Chaves para crear contido exitoso

Existen unhas cantas chaves fundamentais para convertir teu contido en exitoso:
  • Paixón:
    Si tes claro o que che encanta e te apasiona, acabas de empezar o camiño ó éxito. A creación de contidos revelará a túa pasión polo tema e mais pronto que tarde daraste a coñecer no teu campo.
  • Audiencia:
    Compre que teñas claro a quen te dirixes.
    ¿Cales son seus intereses? ¿Que lles gusta ver? ¿A que actos van ó sair do traballo?
    Coñecendo estes datos, teu contido adquirirá relevancia para eles e será partillado nas redes Sociais.
  • Valor:
    O obxectivo do contido debe ser sempre engadir valor para as lectoras. Preguntate mais sobre o que ti estás compartindo:
    ¿É divertido? ¿Educa? ¿Informa? ¿Inspira?
    Se respondes si a algunha das catro preguntas, estarás perto de atopar o amor das lectoras.
  • Simpleza:
    As veces perdemonos coa sana intención de crear o contido mais profundo e o explicamos con verbas estranas. Debemos ter en conta que en moitas ocasións as lectoras están empezando a aprender o tema e necesitan ser levadas pola man.
  • Titulares:
    (Insisto). Dicen que os grandes estrategas da comunicación escriben 100 titulares antes de escoller o definitivo. O certo é que entre 5 e 10 veces mais persoas leerán o titular que  o artigo enteiro.
    Na web o lector solo tarda un par de segundos en facer click para leer ou marchar, e a diferencia entre ambas posibilidades está no titular. (Si, terei que mellorar os meus... recoñezo...)
  • Multimedia:
    Ainda que o poder das palabras non debe ser desestimado, un artigo con elementos multimedia incrustados faise moito mais interesante para o público.
    Intentar crear contidos en diferentes formatos: Fotografías, presentacións, infografías, ficheiros de voz...
  • Persistencia:
    Crear contidos esporádicamente non producirá seguidoras constantes. Pensa nos teus contidos como si foras un periódico ou revista. Pensa como un editor.
  • Promoción:
    A promoción é parte fundamental da creación de contidos. ¿De que vale crear o mellor documento se non o sabe ninguén?
    Os contidos podense promover de moitas formas:
    • Mediante as Redes Sociais
    • Creación de listas de correo e invitacións de suscripción
    • Usar as verbas adecuadas para ser atopada polos motores de busca
Si houbera que escoller solo 3 de estas sementes para facer medrar nosa colleita, deberíamos quedarnos con...
A paixón: A creación de contidos nutrese da pasión da autora, e darache forzas nos momentos de flaqueza e desalento.
Empezar: Non importa canto sexa de vaga a idea. O primeiro paso é o que inicia o camiño. Túa ilusión fará o resto.
Persistencia. Marcate o camiño e da pasos cara o obxectivo. Obterás túa meta
.

¿Cal é a túa estratexia de comunicación nos Medios Sociais? ¿Qué tácticas utilizas?
Encantaríanos coñecer túa opinión, deixanos un comentario.





Voltar ó Indice.
 
Licencia Creative Commons 5 chaves para crear unha estratexia de comunicación,  por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+ 

Webgrafía.

8 importantes errores a evitar en tu estrategia en Redes Sociales.
SocieTIC.
10 Key steps for blogging succes.
Jeff Bullas.
Cómo crear una estrategia Social Media para PyMEs.
Miguel Florido.
Comunicación integral en el e-commerce.
Macarena Mariscal Campos

Ningún comentario :

Publicar un comentario