xoves, 11 de setembro de 2014

¡ Que ven a LOPD!!


«CryptoCard two factor»
de Brian Ronald

3 ferramentas para autoavaliar a nosa LOPD.

Porque a tenda ou organización medra, porque trocas de estratexia ou escolles unha nova podeste ver na necesidade de adecuar os teus procederes á LOPD, a que coñecemos como a Lei de datos.

Nesta lei pretendense garantir os dereitos da cidadanía nos eidos de privacidade, protección e uso adecuado dos seus datos persoais e marca unha serie de garantías para a persoa que cede os datos para protexela de abusos ou de transmisións indebidas.
A aplicación da normativa de Protección de Datos Persoais beneficiará non solo ás nosas clientas e a nosa reputación; ademais educaranos nunha forma de facer coa que os nosos datos van estar  mais seguros.

¿En qué casos é necesario adaptar tua empresa ou asociación á LOPD?

  • Cando colles números de teléfono.
  • Cando recolles nomes e enderezos de persoas.
  • Cando tes un listado de clientas
  • Si tes un ficheiro de afiliadas
....

Antes de decidirte a falar con unha profesional ou leerte toda a normativa (porque iso é un coñazo), podes utilizar tres ferramentas que serviranche para avaliar as obrigas que a Lei de Protección de Datos  impónll á túa actividade.

Programa Evalúa.


AVALIA túa LOPD  agora de BALDE.
Evalúa é un programa sinxelo, anónimo e de balde que permite ás Pequenas empresas e asociacións ONGs autoavaliar o grado de cumprimento da Lei de Protección de Datos. (BOE)


Gustoume esta ferramenta porque a medida que vas respostando a preguntas de como tes planificado o tema vas atopando ti mesma respostas ou necesidade de implantar procedementos que ainda non tes instalados.
O rematar a autoavaliación, xenerase un PDF con recomendacións feitas en función das túas respostas.
É unha ferramenta eficaz para verificar a validez e mellorar nosos procesos relativos cos datos das nosas clientas ou afiliadas.

O programa ten dous niveis de autoavaliación:
O primeiro é un test para coñecer o nivel de cumprimento da normativa en LOPD, e o segundo verifica de maneira fácil si se cumplen as medidas de seguridade esixibles en cada caso e cumples as obrigas do titular do ficheiro.

Guía para unha avaliación  do Impacto na Protección de Datos Persoais. (Borrador Marzo 2014)


Con unha óptica de Privacidade e Protección de datos persoais dende o Diseño (PPDD) este borrador acheganos de unha maneira certa á privacidade dende as fases do diseño do producto, de forma que convirtase nunha característica intrinseca.

Este borrador, nos permite achegarnos ás técnicas para, implantando no diseño as caracterísicas da Privacidade e Protección de Datos, avaliando os riscos para ela e creando de inicio as estructuras de control, evitar costes engadidos por rediseños, aumentar a confianza das usuarias e evitar danos a imaxe da empresa ou organización.

Auotoavaliación en protección de datos. Comunidade de Madrid. (2010)


Ainda que documento aparenta algo resesa en anos, en formato  presentación discurren os requisitos da Lei de Protección de Datos e preguntas que se nos fan e moitas outras que nos asaltan.
Non existe informe final, nin formularios nin metodoloxía, mais este elaborado traballo plantexanos todos os conceptos básicos da LOPD.


Se coñeces algunha ferramenta mais para autoavaliar a calidade da Privacidade e Protección de Datos das túas clientas ou afiliadas, comentanolo e nos enriquecemos todas.





 Voltar ó Indice.



Licencia Creative Commons ¡ Que ven a LOPD!!,  por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+ 

Mais en :
Redes Sociais. Caracterísitcas xurídicas.



Ningún comentario :

Publicar un comentario