Evidentemente as diferencias entre o Marketing Tradicional e o dixital son moitas e moi variadas, ainda que o obxectivo perseguido é o mesmo:
Chegar ó corazón das clientas coa túa mensaxe e facer que presten atención os teus productos ou servizos.
O que aporto neste artigo son motivos ou razóns polas cais calqueira persoa, proxecto, empresa ou negocio debería optar por facer Marketing dixital.
Os seguintes puntos respostan a pregunta:
¿Por qué tería que facer Marketing Dixital?
Si tes un negocio ou comercio de cercanía, pode ser que atopeste a falar con veciños ou compañeiros e coñecidas para quenes internet non é mais que o Facebook e o Correo Electrónico, e non chegaran nin a plantexarse marcar uns obxectivos de publicidade dixital, e moito menos ainda elaborar unha estratexia clara e con fins perfectamente definidos.A continuación expoñoche meus argumentos polos cais calqueira comercio, sexa da dimensión que sexa debe plantexarse unha estratexia clara de visibilidade na Internet.
Son argumentos claros e breves que creo que se entenden facilmente.
As pautas que se proporcionan van adicadas os Pequenos negocios e Tendas de cercanía que queiran levar o seu producto, servizo ou bon facer mais lonxe.
Non son mais que ideas xerais, que podes adaptar a túa forma de facer e realizar ti mesma sen mais inversión que un pouco de tempo e dedicación diaria.
29 razóns para facer márketing en Internet e nas Redes Sociais
- Chegas mais lonxe coa túa marca.
- Acadas gran repercusión e amplitude de mercado.
- Os costes son mais baixos que os de calqueira outro Marketing.
- Podes agardar os bos resultados para contratar e poñerte en man de profesionais.http://aprendermosfeisbuk.blogspot.com.es/2014/03/as-estatisticas-do-facebook.html
- Podes modificar e rectificar as túas campañas en tempo real.
- Podes persoalizar as mensaxes según as canles.
- Está adaptada a diferentes entornos, como os móbiles, os PC,s e as tablets.
- Eliminas as barreiras xeográficas.
- Acadas interacción coas usuarias.
- Creas a túa propia comunidade.
- A comunicación é bidireccional.
- As Redes Sociais están activas 365 días 24 horas.
- Podes segmentar as mensaxes en función dos tipos de clientas.
- Respondes en tempo Real.
- Podes analizar e medir os resultados das túas campañas.
- Aumentas a visibilidade sobre a túa competencia.
- Porque as persoas (igual que ti) buscan na Internet cando teñen interese ou necesidade de un producto.
- Tes ferramentas para crear concursos. A xente encantalle iso.
- Porque canto mais tardes, mais traballo vai dar atopar un sitio para o teu negocio en internet.
- Porque grazas a Internet pos un valado publicitario na casa dos teus
clientes ou teus posibles clientes.
Teu escaparate xa non se mide en metros nin pola cantidade de xente que pasa pola rúa, senon en persoas interesadas en servizos /productos similares os que ti ofreces. - Mais do 60% das persoas do sitio donde vives se conectan todos os días a unha rede social.
- Si tes éxito, podes chegar a vender por Internet.
- Mellora tua imaxe ante os teus clientes e dache unha imaxe de modernidade
- Podes utilizar internet como escaparate. (P.ex co Pinterest)
- Gañas prestixio e venderás mais facilmente. Se compartes teus coñecementos e habilidades en Internet o cliente chegará onda ti consciente de que eres experta a materia coa que traballas.
- Coñecerás mellor o mercado.
- Forzate a estar mellorando continuamente para estar á última dentro do teu sector, e ademais tamén verás como se move a túa competencia.
- Existen ferramentas que poñen teu negocio no mapa para que túas clientas te atopen mellor.
- Podes xuntar os teus clientes por grupos, para dirixirvos a cada un según os seus intereses.
- Podes recibir os pedidos por correo electrónico ou mensaxería, e ese tempo de antelación permitirache reducir stocks e ter o pedido preparado á hora.
- 1 de cada 3 clientas consideran que as Redes Sociais son un bo medio para coñecer novos productos e marcas.
- O 40% das PeMEs recoñecen maior difusión polo boca-orella dos seus productos e servizos respecto grazas ás Redes Sociais.
Non deixes que a competencia te adiante. Vai cando menos ó seu paso.
¿Que outras razóns darías ti para que a tua empresa ou organización esté presente en Internet?
Deixa un comentario, encantarame coñecer túa opinión.
Webgrafía:
Social Media Today:33 Compelling Statistics That Will Power Your Marketing Strategy
Voltar ó Indice.
32 razóns para ter túa marca na Internet, por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported Manuel Freiría en G+
Ningún comentario :
Publicar un comentario