mércores, 2 de abril de 2014

Redes Sociais. Características Xurídicas.

A xeito de achegamento á normativa relacionada coas Redes Sociais. 

Este saber non está demais, aghora que estamos tan imbuidas nese medio, tanto para coñecer nosas obrigas e dereitos como usuarias das redes sociais, como para respetar os dereitos dos autores de contidos e propietarios de Material Intelectual, así como para coñecer cales son as obrigas que teñen no Estado Español os prestadores de servizos para non invadir a nosa intimidade ou privacidade.
Debemos ser conscentes a maiores, que pode ser que moitas das páxinas que visitemos non proveñan de Empresas que teñan a sua sede ou sucursal no Estado Español, e que polo tanto, non deben adecuarse mais que ás normas que sexan de obrigado comprimento no seu país de orixe.
Agardamos vosas colaboracións e comentarios.

O qué son as Redes Sociais.

O abeiro do Artigo 2.1 do Dictame sobre Protección de Datos 5/2009, considerase que para  que un sitio poida considerarse como Servizo de Redes Sociais (SRS), deben cumplirse as seguintes características:
  1. As usuarias deben proporcionar seus datos persoais para poder crear seu propio perfil en liña.
  2. Os servizos ofrecen ferramentas para compartir contido en liña, ben propio ou enlaces a outros sitios.
  3. Os sitios ofrecen ferramentas que permiten a creación de listas de contactos e a interacción con outras usuarias.

Marco Normativo no Estado Español:

Lei de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico. (LSSI).

(Lei 34/2002 de 11 de Xullo), que é adaptación da Directiva Europea 05/2009, que modifica e actualiza diversas directivas previas arredor do comercio electrónico, servizos da informacióń e espazo radioeléctrico.

A quen afecta a LSSI? (Resumo).

.- A Proveedores e Intermediarios de Servizos na Internet.
.- A Empresas e Particulares que realicen actividades económicas a través da Internet ou que consigan beneficio económico con elas, sexa directo ou indirecto. (publicidade)

Os prestadores de servizos, deben indicar na sua páxina web:
  • Seu nome ou denominación social e datos de contacto: Enderezo, dirección de correo electrónico, e calisqueira outro dato que permita unha comunicación directa e efectiva, como un número de teléfono ou fax.
  • No caso de que a empresa estea rexistrada no Rexistro Mercantil ou calisquera outro Rexistro, deberá sinalar tamén o número de inscripción que lle corresponda.
  • Seu NIF.
  • Información sobre o precio dos productos, indicando si inclue ou non os impostos aplicables, gastos de envio e calisqueira outro dato que deba incluirse no cumprimento das normas estatais ou nacionais aplicables.
  • Os códigos de conducta ós que teña suscrito, e no seu caso, a forma de consultalos electrónicamente.
  • Cando os prestadores de servizos empreguen dispositivos de almacenamento e recuperación de datos (cookies), deben recabar o consentimento explicito dos destinatarios, logo de seren informados sobre o seu uso e finalidade; en particular no referente ós fins da Lei Orgánica de Protección de Datos 15/1999 de 13 de Decembro de Protección de Datos de Caracter Persoal.

publicidade e web persoal
Atención ós requisitos para a publicidade en webs persoais. (amén da probable fiscalidade)

Lei de Propiedade Intelectual:

 

A Propiedade Intelectual é a rama do dereito que encargase de protexer os dereitos das creacións dos seres humanos, e engloba as creacións artísticas (literarias, imaxes, partituras, sonidos, interpretacións...) así como os traballos centíficos e creacións industriais.

A lei que ampara os dereitos da Propiedade Intelectual é
o Real Decreto Lei 1/1996 de 12 de Abril, e nel recoñecenselle ás autoras os Dereitos Patrimoniais, Morais e de Partipación  sobre as suas obras.

Esta lei afectanos no campo das redes sociais como compartidoras de contidos, na medida na que en ocasións divulgamos sin autorización expresa das autoras e sin aboarlle retribución algunha obras (musicais, videográficas, visuais), sin facer mención a sua autoría siquera.

Debemos respetar sempre esta lei, pero máxime cando polas características das publicacións que estamos a facer cabe a posibilidade de que estas sirvan como fonte de ingresos que ignoren á autora moral.

Outras Leis Aplicables ás Redes Sociais:


Lei de protección Civil ó honor, a intimidade e a propia imaxe. (1/1982).(Artigo 18 da Constitución do Reino de España)
Lei do Xogo.

Lei Orgánica de Protección de Datos:


Normalmente, mentras non recopilemos datos dos nosos seguidores ou de outras persoas con fin comercial, non estaremos  baixo a capacidade de actuación de tal lei, ainda que no eido que nos ocupa, é "obriga" do xestor de redes acadar unha base de datos de persoas que sexan susceptibles de entrar dentro da clientela obxectiva.

Esta lei é aplicable especialmente ás empresas ou institucións que recaban datos de tipo persoal en cuestionarios asociados a calqueira actividade.
Afondaremos na LOPD e nas obrigas que nos atañen en breve. 

Mentras tanto, para que non teñamos que ler as lexislación enteira para facer unha transposición ó noso sitio, podemos utilizar estas  ferramentas que nos ofrece a AEPD: (Axencia estatal de protección de datos.)

Programa Evalúa.


AVALIA túa LOPD  agora de BALDE.
Evalúa é un programa sinxelo, anónimo e de balde que permite ás Pequenas empresas e asociacións ONGs autoavaliar o grado de cumprimento da Lei de Protección de Datos. (BOE)


Gustoume esta ferramenta porque a medida que vas respostando a preguntas de como tes planificado o tema vas atopando ti mesma respostas ou necesidade de implantar procedementos que ainda non tes instalados.
O rematar a autoavaliación, xenerase un PDF con recomendacións feitas en función das túas respostas.
É unha ferramenta eficaz para verificar a validez e mellorar nosos procesos relativos cos datos das nosas clientas ou afiliadas.
O programa ten dous niveis de autoavaliación:
O primeiro é un test para coñecer o nivel de cumprimento da normativa en LOPD, e o segundo verifica de maneira fácil si se cumplen as medidas de seguridade esixibles en cada caso.

Guía para unha avaliación  do Impacto na Protección de Datos Persoais. (Borrador Marzo 2014)


Con unha óptica de Privacidade e Protección de datos persoais dende o Diseño (PPDD) este borrador acheganos de unha maneira certa á privacidade dende as fases do diseño do producto, de forma que convirtase nunha característica intrinseca.

Este borrador, nos permite achegarnos ás técnicas para, implantando no diseño as caracterísicas da Privacidade e Protección de Datos, avaliando os riscos para ela e creando de inicio as estructuras de control, evitar costes engadidos por rediseños, aumentar a confianza das usuarias e evitar danos a imaxe da empresa ou organización.

Auotoavaliación en protección de datos. Comunidade de Madrid. (2010)

Ainda que documento aparenta algo resesa en anos, en formato  presentación discurren os requisitos da Lei de Protección de Datos e preguntas que se nos fan e moitas outras que nos asaltan.
Non existe informe final, nin formularios nin metodoloxía, mais este elaborado traballo plantexanos todos os conceptos básicos da LOPD.


Resumindo:
 
As cuestións mais relevantes da Lei 15/1999 de 13 de Decembro ven sendo:

1.- Necesidade de comunicación previa a creación da base de datos a AEPD.
2.- Proporcionalidade dos datos recabados para os fins desexados.
3.- Custodia dos datos e impedimento de acceso de terceiros.
4.- Dereito de rectificicación e anulación dos datos almacenados.

A LOPD.Concepto.
LOPD: Obrigas do titular dos ficheiros.
LOPD: A calidade dos datos.


Lei Xeral da Publicidade.

Directivas Europeas arredor da protección de datos.
Directiva 2/2010 arredor da publicidade comportamental en liña
. (Cookies)
(Grupo de Traballo do Artigo 29º)
Resumo:  

A publicidade comportamental é publicidade baseada na observación continuada do comportamento dos individuos e estudo as características de ditos comportamentos.(visitas repetidas a sitios, interaccións, verbas chave, producción de contidos en liña etc) para desenvolver un perfil específico e proporcionar ás usuarias anuncios concretos inferidos dos seus comportamentos na rede.
A publicidade comportamental implica a monitorización das utilizadoras cando navengan pola internet e a creación de bases de datos cos seus comportamentos que mais tarde son usados para presentarlle anuncios relacionados cos intereses recopilados. Estes dados poden darlle ós publicistas un cadro detallado da vida en liña da usuaria, identificando sitios e páxinas concretas que ten visitado, canto tempo duran as visitas a cada site, en que artigos detense mais ou en que elementos. en que orde etc.
Considerando que esta práctica pode poñer en perigo os dereitos das usuarias en materia de privacidade e protección de datos,  clarificanse cales deben ser as garantías xurídicas aplicables ás entidades que incurren en tal uso.
Obriga por tanto o  dictame  ós proveedores de redes de publicidade que xeneren mecanismos previos que requiran unha aceptación previa explícita das persoas receptoras a recibir programas de seguemento (cookies) ou productos similares. O mesmo dictame considera que esta simple aceptación pode tamén supoñer que se aceptan os posteriores rastrexos das buscas na Internet da usuraia e dos seus costumes de navegación. (¡¡!!)
Esta directiva foi trasposta ó ordeamento xurídico estatal (LSSI) no RD Lei 13/2012 de 30 de Marzo.


Como todos os textos legais, os que preceden son especialmente tediosos, mais indican cales son as normas as cais están sometidas tanto as empresas como as xeneradoras de información e mais cales son os dereitos remanentes das usuarias. Unha lectura, ainda que sexa por enriba, dará, sin dúbida moitas luces.

Alejandro Touriño: Dereito e Redes Sociais.

Convidamosvos a ver os Videos do obradoiro "Dereito e Redes Sociais" traballados por Alejandro Touriño arredor do Dereito e as Redes Sociais, presentados no MOOC elaborado pola Universidade Europea na plataforma Miriada-X.
Dereito e Redes Sociais.


z

E ti... ¿Cómo protexes os datos dos teus clientes? ¿Tes dada de alta túas bases na AEPD? ¿Consideras suficientes as medidas propostas pola lei para a protección dos datos?
Comentanos, encantaríanos coñecer túa opinión.

 


Voltar ó Indice.



 
Licencia Creative Commons Redes Sociais: Carcterísticas Xurídicas por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+

Ferramentas usadas para crear este blogue: Linux Ubuntu, Mozilla Firefox, Gimp, Inkscape, Google Forms, Google Groups, Google Spreadsheet, Linkwhithin, Facebook Apps, Google Mail.

Webgrafía:
MOOC MIRIADAX: Derecho y Redes Sociales.



Ningún comentario :

Publicar un comentario