xoves, 3 de abril de 2014

Redes Socias Vs Comunidades Virtuais

redes sociais vs comunidades virtuais

Redes Sociais e Comunidades Virtuais.

Si seguimos a definición da Asociación Española de Comunidades y Profesionales Social Media, (AERCO-PSM)  vemos que unha Rede Social é un lugar na Internet dentro dos medios sociales electrónicos sociais (Social Media) que permitelle á xente construir sitios web persoais e conectar con amigas para compartir contido e comunicarse.

¿Qué elementos caracterizan as redes sociais?


.- A comunicación é libre e aberta. Non é necesariamente libre/gratis o acceso.
.- As usuarias crean e xeneran contido. Fotografías e opinións en chat son os mais obvios.
Blogues, videos ou foros resultan contidos mais elaborados, pero tamén podemos incluir todo aquelo que pode aportar valor ó vello concepto de periodismo.
.- Fomentan o compartir. As usuarias partillan seus contidos e os da plataforma.
Estes contidos compartidos, os veremos como de suma utilidade a hora de xestionar nosos perfís "corporativos", na medida que,  en xeral, as persoas fiamonos mais da opinión de unha coñecida que da propia publicidade das marcas.
.- Fomentan as Comunidades. As usuarias tenden a agruparse en función de intereses ou gustos.
.- Conectividade: A facilidade de conexión facilita a comunicación entre usuarias.

¿Qué razóns hai para estar presentes nos Social Media?

.- Potencian a nosa marca persoal
.- Reducen  costes de atención á clienta.
.- Para potenciar noso liderazgo.
.- Para aumentar as ventas.
.- Para mellorar nosa presencia nos buscadores.
.- Para obter datos ou opinións en tempo real e diferido.
.- Para adaptar a lingoaxe da nosa marca á das nosas seguidoras.
.- Para estar ó tanto das tendencias do noso sector e da competencia.
.- Para cuidar a nosa reputación en liña.
.- Para aumentar nosos impactos comunicativos enlazando nosa Páxina coas RRSS.

Normas básicas de Actitude nas Redes Sociais:

 

.- Axudar: Si axudamos ás persoas, veremos a axuda devolta multiplicada.
.- Estar: Non podemos estar desaparecidas. Temos que "estar" e manter nosa presencia.
.- Socializar: Temos que darnos a coñecer e cairlle ben ás comunidades.
.- Compartir: Aportar nosos coñecementos respecto noso campo de actuación ou de interese. Non debemos ceñirnos a nosa propia marca e intereses, senon a todo o noso entorno de interese.
.- Dar valor: Facer que nosos comentarios e aportacións sexan suficientemente interesantes como para aportar algún tipo de valor a nosa audiencia. (Onde entenderemos por valor o grado de utilidade ou aptitude das cousas para satisfacer necesidades ou proporcionar benestar ou deleite)
.- Cumplir as normas de Netiquete. (Normas de educación do mundo "of line")

Ó igual que os medios tradicionais de comunicación, tanto as PeMEs ou ONG's que teñan algo que comunicar e aportar  crean páxinas en redes sociais as que se agregan usuarios, conseguindo con isto tres obxectivos: Fomentar a imaxe de marca,  fidelizar clientela e conseguir interactuacións.
O mesmo tempo, utilizase a rede como plataforma de lanzamento dos seus productos ou servizos.. 

As comunidades Virtuais.

As Comunidades Virtuais son  grupos de individuos que interactuan e comunicanse entre eles e asocianse con un obxectivo común.
As redes sociais poden ser xenéricas, como Facebook, ou centrarse en determiñado patrón. Flickr o Pinterest, por exemplo,  son redes ligadas á fotografía, mentras que Linkedin está centrada en contactos profesionais.


redes sociales comunidades virtuales
Orixen foto: Introducción a los medios sociales
Vexamos cada aspecto das comunidades virtuais:

Xerarquía: Nas comunidades virtuais sempre existe unha xerarquía. (As propietarias ou administradoras do grupo), contra o que ocurre nas redes sociais.

Información: As comunidades basan sua existencia no intercambio e o fluxo da información. Unha rede social pode ser un mero almacén de contactos; nas comunidades o fluxo é vital (debemos leer comunidade virtual como "persoas interesadas en..."

Obxectivo: As comunidades teñen obxectivos mais específicos que as redes. (O exemplo  da cafetería de barrio onde atopanse todos os veciños sin distinción e o bar temático, onde solo pasan determiñadas persoas do barrio.)

Dentro de cada unha das redes podense atopar grupos de afinidade ou comunidades que foron xeneradas con un fin ou temática específica:
Verbigratia: O grupo de "Aprendermos " no Facebook ou o grupo "Aprendermos" no Linkedin.

E ti.. ¿tes mais interese nas Redes sociais xerais ou nas comunidades virtuais? ¿En cales te moves mais? ¿Cales xeneranche maior satisfacción?





Voltar ó Indice.
 
Licencia Creative Commons Redes Sociais Vs Comunidades Virtuais, por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+

Ferramentas usadas para crear este taller: Blogger, Linux Ubuntu, MiriadaX, Mozilla Firefox, Gimp, Inkscape, Google Forms, Google Groups, Google Spreadsheet, Linkwhithin, Facebook Apps, Google Mail, PinterestWordPress.


Webgrafía:

Redes Sociais.
Juan Julian Merelo Gervós.
Dpto de Arquitectura e Tecnoloxía de Computadoras da Universidade de Granada.
Interesante aproximación ás redes sociais dende un ámeto someramente matemático e co futbol como exemplo central.



Ningún comentario :

Publicar un comentario