martes, 1 de xullo de 2014

Google my Bussines.

google my bussines
O Google My Bussines (Meu negocio) é a evolución natural do Google Places, a ferramenta de Google para instalar os negocios locais para que sexan atopados e valorados polas persoas.
My Bussines é unha ferramenta de promoción gratuita que proporciona Google e que permite ás empresas darse de alta indicando súa ubicación, proporcionando un posicionamento moito mais rápido ante miles de usuarios da internet.

Dende a perspectiva do Cloud Computing, Google My Bussines é un SaaS; Software como servizo, (Software as a Service), onde a compañía responsabilizae de  por toda a estrutura necesaria para a disponibilidade  do sistema (servidores, conectividade, cuidados com seguridade da información..) e o cliente utiliza o software via internet, pagando um valor pelo servizo ofrecido. (Neste caso é a porta para a Máquina de publicidade de Google)
Conscentes da importancia do SoLoMo, e as capacidades potentes do seu buscador, Google pretende crear con esta ferramenta un directorio comentado de todos os negocios locais do lugar, dandolle visibilidade nas buscas web e nas buscas en Google maps, pero tamén nas buscas xeolocalizadas mediante dispositivos portables.

Esta aplicación dalle o poder ás usuarias a hora de facer recomendacións dos locais, servizos ou marca, xa que as valoracións das persoas son valoradas moito mais positivamente polas usuarias que calqueira publicidade de pago.
Google My Bussines ainda é unha ferramenta moi pouco explotada, co cal daralle moita visibilidade as marcas que primeiro se instalen.

Dende a perspectiva da usuaria, cando se realice unha busca de "producto" ou "servizo" (pizzerías, fontaneiros, zapatos, embutidos ...), si a búsca realizase dende un ordenador de sobremesa aparecerán nos resultados de busca os negocios relacionados coa actividade da localidade (as cookies instaladas dirixirante ós resultados da localidade) , mentras que si a busca faise dende un dispositivo móbil empregaranse os conceptos de xeolocalización para amosar os mais cercanos .

Aproveita o "boom" das buscas dende dispositivos móbiles:


O uso dos teléfonos e tabletas para atopar estabelecementos crean novas oportunidades para os negocios. 
Google My Bussines convertese na plataforma ideal para que o público coñeza túa dirección e número de teléfono (e a túa localización no mapa !!)

Non comprirá engadir que o buscador Google empregase no 98% de todas as buscas realizadas no mundo!!!

meu negocio

Darse de alta en Google My Bussines.

Dirixete a páxina de inicio de Google My Bussines ou si xa tes conta en Google, accede a Google+, Páxinas, crea a túa páxina.

meu negocio

Escolle o tipo de negocio:

Sitio físico, servizo ou marca (neste apartado é onde caben as asociacións, causas, grupos de música etc)
Busca a túa empresa polo nome. Pode estar dada de alta sin que ti o saibas. Se non
aparece, fai click na pestana  meu negocio.

Introduce os datos que piden na ficha:

(nome, enderezo postal, teléfone...). Que os datos postais sexan correctos é crucial, xa que Google enviará unha notificación coas chaves de verificación o enderezo que poñas.

Pon especial atención a hora de escoller a categoría na cal vas incluir teu negocio para logo aparecer nas buscas acertadamente.

Valora incluir o nome do teu sector no nome do teu comercio no principio, deste xeito: Asesoría Contable Fernandez ¡OK!   Fernandez Asesoría ¡Mal!.

Lee con calma as condicións de Servizo de Google.
Si ainda non empezaches a crear a páxina, podes velas xa dende estes enlaces.

As condicións de servizo poden ser boas ou malas, pero son as que hai, e podense modificar unilateralmente (é decir, que si queres estar, tes que aceptalas).
É importante coñecelas previamente porque ( por coñecemento propio) é bastante doloroso que unha páxina na que levas traballado un bo bocado quede inhabilitada por incumplir algunha condición que descoñecías. E asegurovos que Google non anda con bromas, e si algo non lle gusta ¡Zas!, alá vai o traballo pasado.

venta a domicilio
A opción de reparto ou servizos a domicilio pode ser incluida xa neste momento á túa  páxina.

O seguinte paso será configurar os axustes da páxina para que non chegue a público que non é teu obxectivo.
As restriccións neste caso deben aplicarse a páxinas relacionadas con sustancias reguladas en xeral (alcol, tabaco...) e contido sexual.

Facemos agora unhas fotos relevantes da nosa empresa, e tamén engadimos unha presentación dos servizos e tamén verificamos o enderezo de Correo electrónico e mais a nosa web ou blogue para ligala á páxina.

Google pretende traballa para que o G+ sexa a ponte que leve ás persoas a túa páxina.
Para facilitarnos o traballo seguemento das nosas audiencias, na própia páxina existe un botón de ligazón directa coa túa conta de Google Analytics, que nos dará unha idea bastante aproximada o comportamento das persoas no teu sitio.

meu negocio

Outras utilidades de Google My Bussines

Visita virtual:
Mediante contacto con un fotografo de Google, podes crear unha visita virtual á túa tenda, como cando usas "street view".

Eventos:
A difusión de eventos debe ser parte da nosa estratexia. Para animar ás persoas a participar, podes crear un cupón (para oferta de un día, promoción limitada etc ).
As usuarias posteriormente poderán incorporar fotografías e textos ó acto, dandolle unha dimensión mais longa no tempo.

5 Ideas para mellorar túa presencia en Google Local

  1. Da de alta teu negocio.

    Si tes varios locais, crea unha ficha para cada un de eles.
  2. Describe túa actividade .

    O dar de alta teu negocio no My Bussines, usa no tíduo termos relevantes e descriptivos polos que desexes ser atopada, e que o tempo sexa conciso e atractivo.
  3. Usa as categorías axeitadas.

    Google My Bussines permiteche elexir ata 5 categorías relacionadas co teu negocio; seleccionaas para que te atopen mais facilmente.
  4. Incentiva as opinións do teu negocio .

    O volume de comentarios e opinións é un dos factores de referencia para o teu negocio en My Bussines, xa que indica si é popular.
  5. Utiliza a Landing Page.

    Emprega a URL de contacto nos locais que des de alta. É menos atractivo que a páxina principal, pero resulta moito mais interesante centrarse no contacto.

6 detalles para mellorar o SEO en Google My Bussines

Para que non se nos pase por alto ningún aspecto (si consideras importante algún outro contanolo), resumo os aspectos mais relevantes para posicionar nosas páxinas adecuadamente en Google MyBussines.

1.- Engade imaxes do teu negocio.

Compre valorar sempre que en Google existe a busca de imaxes amais das de texto.
Ademais, as imaxes enchen moito mais que un párrafo, e por certo, Google pode tomalas de outras Redes.
Repite conmigo... vou poñer imaxes, vou poñer imaxes... e van ser bonitas e ter contido.

2.- Arreglate para que as persoas califiquen teu servizo.

E si son mencións positivas mellor, claro. ¿Cómo? ... mmmm Terás que poñer algo da túa parte. (Non fagas trampa, vaise notar !!)

3.- Mantén actualizada a túa páxina de MyBussines.

Comenta e detalla as novedades de servizos e productos que vaias incorporando ó teu negocio.
Arreglate para que cando as persoas cheguen a elas non atopen un valeiro, senon unha fonte de información relevante e reutilizable.
Se túa páxina non é interesante, as persoas visitarán outras páxinas. ¡E túa responsabilidade!

4.- Resposta ós comentarios escritos na túa páxina Mybussines.

Debes esforzarte por respostar as revisións que se fai na túa páxina. Agradecer os comentarios agradables (pomada non) e sobre todo prestar atención ás críticas. Os comentarios negativos son unha fonte inagotable de mellora.

5.- Engade ofertas na túa páxina.

Limitadas no tempo ou aptas para a canle. Publica un/s cupóns para determiñados días, ou exclusivos para a canle para incentivar ás persoas a visitar teu estabelecemento.
Atoparás interesantes xeitos de medir: Quen chega pola canle e quen chega pola oferta puntual, e sobre todo, serás capaz de dimensionar o aspecto on line.

6.- Solo para osadas: 

Consigue comentarios na Internet que apunten a túa páxina.

Iso é a crema... as persoas terán maior confianza, Google falará ben de ti... e tí.. non darás feito !!

Ainda non deches de alta teu negocio? Xa estás tardando !!!

Click eiquí e a amosarte ó mundo en Google My Bussines ! ¿Ou estás molesta porque sexa de balde?

Lembra que túa páxina non será visible mentras non verifiques a túa empresa.

meu negocio



Encantaríame coñecer túa opinión, e si gostas do artigo, partillao coas túas amigas.

Se non tes tempo a darte de alta, contactame; podo axudarche.

E si queres seguir sabendo mais cousas de Redes Sociais para o Comercio Local e o Pequeno Comercio, suscribete ou apuntate ó taller. (Está ahí abaixo o formulario)



Webgrafía:
SEO en Google Places .
Aleyda Solis.

The 2013 Local Search Ranking Factors.
Moz.com.



Voltar ó Indice.

Licencia Creative Commons Google My Bussines,   por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+


Ningún comentario :

Publicar un comentario