Actualización 2014/07/04: Agora Places é Google My Bussines. Lee o texto actualizado.(Click)
A intención de Google con Places, e facilitar as persoas o encontro de lugares no mundo real, integrando nunha soa ferramenta o buscador, os mapas e unha páxinas especiais dentro do G+ verificadas adicadas a empresas.
A intención de Google con Places, e facilitar as persoas o encontro de lugares no mundo real, integrando nunha soa ferramenta o buscador, os mapas e unha páxinas especiais dentro do G+ verificadas adicadas a empresas.
Places foi lanzada xa no ano 2009 nos Estados Unidos de Norteamérica, coa idea de xerar contido publicidade por parte das pequenas marcas, coa loxistica propia das Redes Sociais de facer ver cales son os comentarios do público respecto ós productos ou servizos.
Compre reseñar e lembrar, que dentro de cada dispositivo de acceso a Google, as cookies indicanlle á Plataforma cal é o lugar onde nos atopamos, e dende os smartphones, o dispositivo de xeolocalizaciòn orientará nosa busca á area onde nos estamos conectando.
Aproximadamente o 20% das buscas no Google están relacionadas coa xeolocalización, e Google quere dar a opción para que as empresas fieis ós seus programas teñan -de entrada- unha vantaxe competitiva a hora de aparecer nos resultados de busca.
Con Google Places podes ubicar a túa empresa físicamente nun plano de Google. Aparecerás nas búsquedas de Google baixo o concepto **verba**clave** Vila
Ainda que Google Places sigue funcional, estase integrando de unha forma satisfactoria no novo entorno social do Google +.
Datos que podes e debes inscribir en Google Places:
Lugar físico e teléfone. (Estes dous medios son empregados para autentificar a validez dos datos)
Enderezo web e correo_e
Podes ubicarte en hasta 5 categorías distintas.
Podes amosar a tua área de servizo propia. (no caso de que fagas reparto)
Engadir Horarios
Formas de Pago
Engadir Fotografías e videos
... e sumar detalles adicionais do teu negocio (exclusivas, marcas...)
Logo que te teñas inscrito no site, recibiras no enderezo unha chave para activar a conta (e tamén para cada vez que actualices teu lugar físico) no medio elexido.
É importante esmerarse na descripción da empresa e no nome dos productos de venta (que teremos elaborado co departamento de marketing previamente) e nas categorías nas cais imonos incluir.
Google + e o valor da Xeolocalización nos negocios.
Existen
diversos xeitos de colocar o noso negocio na internet, como poden ser
os listados gratuitos (bing, google...) nos buscadores, a difusión nos
medios sociais (Facebook, Twitter, Tuenti...), as campañas mediante o correo electrónico e outra da cal imos falar hoxe que son as ferramentas de xeolocalización.
Esta é unha das estratexias de marketing on line actualmente emerxentes, e que vai acadar mais relevancia co paso do tempo.
Hoxe, grazas a servizos como Foursquare, Yelp ou Google Places, podense promocionar os servizos en función do lugar onde está ubicado o noso cliente ou consumidor.
A medida que medar o uso dos smart phones ou teléfonos intelixentes e o acceso á Internet Mobil, o xeomarketing ven trocar nunha oportunidade moi interesante para atraer a novos clientes e fidelizar ós actuais.
Con
estas ferramentas os negocios poden dirixir seus anuncios ós
consumidores xusto no intre no cal atopanse non entorno dos seus locais e
percuran un servizo que pode ser que ti ofrezas.
Compre valorar amén do componente local, a parte social:
Cando
os clientes visitan un establecemento empregan -ou poden empregar- as
ferramentas de valoración de servicio do negocio, e o tamén o difunden antre suas coñecidas, convertindose de este xeito en embaixadoras do
noso "boliche" (todo sexa dito, para ben ou para mal).
A ventaxa de estes anuncios ou comentarios que parten das redes sociais teñen un valor engadido grande: A rede social
do noso cliente que recibe unha recomendación, non o mira como un
anuncio, senon como unha recomendación de un coñecido, á cal ten un
valor maior para o usuario.
Pero imos ó lio.... Mans á obra !!
Para inscribirte en "Places" para marcas, sigue o enlace. (e si che presta mira o video para ver como colocamos unha ONG en Google Places.
¿Cales son os resultados na pantalla das usuarias? (Un exemplo)
Na captura, podemos ver como os resultados dos mapas aparecen an Primeira Páxina de resultados a partires do resultado número 4, e tamén, que a publicidade desplazouse da parte superior da pantalla á esquerda ó sitio inmediato baixo o mapa.
¿Quererá Google romper as dinámicas do Eyetracking? Para nada. Eles saben ben que nosa atención está dirixida nestes momentos ó mapa, e polo tanto, a zoa de atención está apuntando ó lado esquerdo.
PS: Dende que escribín este post, tanto o aspecto gráfico do Google + como algún dos pasos cambiaron.
José Facchi escribiu mais recentemente, e ademais de un modo moi detallado a creación de unha páxina en G+ para negocios, que podedes ter interés en ver.
Si algo non fun quen de explicar, Pregunta, comenta...
Ti solventarás unha dúbida e gracias a elo axudas a mellorar os contidos. (Gracias)
E si gostache deste post, partillao con persoas que teñan negocios para que poidan tirarlle utiliadade.
Voltar ó Indice.
Google Places, por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported Manuel Freiría en G+
Ferramentas usadas para crear este taller: Blogger, Linux Ubuntu, MiriadaX, Mozilla Firefox, Gimp, Inkscape, Google Forms, Google Groups, Google Spreadsheet, Linkwhithin, Facebook Apps, Google Mail, Pinterest, WordPress.
Ningún comentario :
Publicar un comentario