martes, 6 de maio de 2014

A mensaxería instantanea no Comercio Local

A Mensaxería instantanea como ferramenta de Marketing.

Nun contexto no que a mensaxería instantánea ven sendo usada pola maioría das usuarias de telefonía mobil para comunicarse con toda a naturalidade, podemos preguntarnos

¿por qué non tirarlle partido para a nosa empresa?

Seu coste é mínimo, é doado de usar e existe algunha aplicación de mensaxería instantanea para todos os sistemas operativos.
Non son poucas as empresas e negocios que usan os clientes de mensaxería instantanea para promocionar seus negocios, utilizando estas como unha prolongación das suas estratexias "off line", e incluso moitos negocios da Internet adicados a venda en liña manexan a mensaxería instantanea como servizo de soporte e de atención á clienta.

Así solventanse dúbidas sobre materiais, stocks ou formas de pago, que son atendidas practicamente no momento, ademais con unhas altas tasas de conversións. Isto é, as usuarias que tiñan dúbidas e consultaron, finalmente acaban mercando.
Sumamos a estas ventaxas a oportunidade de ter os datos das usuarias e o contacto directo e instantaneo coas nosas clientas e colegas, ademais sin preocuparnos da tarificación telefónica, xa que estas aplicacións son practicamente gratuitas e casi non consumen recursos.

O Marketing mediante o teléfono móbil non é novo. Xa temos visto os envios por SMS ás clientas mostrando ofertas ou promocións dende fai anos, e existen moitos pequenos comercios que empregan diariamente esta ferramenta.
Pero a expansión da mensaxería instantanea e o seu baixo coste modifica en parte as canles de comunicación.

Ventaxas da Mensaxería Instantanea:


  • O notable número de usuarias, a maioría delas moi activas nesta canle.
  • Facilidade de uso e disponibilidade de aplicacións para todas as plataformas.
  • Creación de grupos persoalizados.
  • Existencia de todo tipo de perfís entre as usuarias.
  • Menos intrusivas que as chamadas telefónicas ou o correo electrónico.
  • A usuaria ten a facultade de "silenciarte" .

Chaves para o uso da Mensaxería Instantanea no teu negocio.


  • Determiña un obxectivo.
  • Coñece ó teu público.
  • Diseña unha estratexia.
e ademais....
  • Comentalle a idea as clientas e crea un grupo na ferramenta que escolleches.
  • Envía mensaxes persoais relacionados co teu negocio, con lingoaxe sinxela e achegada á clienta para que non se tome como spam.
  • Presenta os últimos productos recibidos ou túas ofertas e invitaos a que merquen.
  • Crea ofertas específicas para o grupo de Mensaxería instantanea.
  • Comproba periódicamente a satisfacción das clientas co este servizo.
  • Organiza a entrega de pedidos según as posibilidades.

Para lembrar:
O número de teléfono de unha persoa é sagrado.
Invita a usuaria a participar ou pidelle o consentimento. En caso contrario, sentirá túas comunicacións  como spam e quedarás bloqueada para sempre.

Aplicacións prácticas da Mensaxería Instantanea para PeMES.

 

Unha peixería de Cadiz usa Whatsapp como ferramenta de Mobile Marketing.

Vía JosemiRuiz.


mensaxería Instantanea


Casa Ana. 30 bocadillos mais ó dia grazas a mensaxería Instantanea.


Un pequeno comercio de Jaén foi quen den doblar suas vendas de bocadillos grazas a menxasería Instantanea.
Os alumnos piden seu bocadillo pola mensaxería e non teñen que facer longas colas para recollelos, xa que "Casa Ana" tenllos xa  preparados.
Esquivar as colas é unha vantaxe para estes rapaces, que poden aproveitar mellor o momento do recreo, e o comercio evita que as clientas marchen a outro sitio por ter que esperar.


 

"La Despensa de Trujillo". Pedidos por Whatsapp e e-mail.


Este estabelecemento adicado ós embutidos gourmet, non so colocou sua ubicación no Google Maps, senon que tamén acepta pedidos meidante Mensaxería Instantánea.
Vía JosemiRuiz.

whatsapp, line, telegram

O táxi, pedido por Mensaxería Instantanea.

Vía Juan Merodio.

whatsapp, mensaxería instantanea.


¿Ocurrenseche aplicacións para promocionar teu negocio e aumentar as vendas coas aplicacións de  Mensaxería Instantanea?



mensaxería instantanea, mobile marketing
Captura vía o blogue de "Juan Merodio".


Clientes de Mensaxería Instantanea:


Existen unha chea de clientes para Mensaxería instantanea, uns autónomos e creados para as plataformas de Telefonía Mobil, e outros deles ferramentas asociadas a Redes Sociais, como o Messenger de Yahoo ou MSN, Hangouts de Google ou o Messenger de Facebook.
Describimos unhas cantas a seguir, sin ánimo de ser excluintes, somentes a modo de información.
Será tarefa do Xestor de Redes Sociais da nosa empresa a de identificar en cales plataformas están incluidas as clientas, onde se moven, como gostan de charlar e cales son seus intereses a hora de recibir información para non ser tachados de spammers e manter a atención da audiencia.
Si necesitas axuda para disñar túa estratexia nas Redes Sociais, non dubides en contactarme.

¿Sabes xa cales son as Redes de Mensaxería Instantanea das túas clientas?
¿A qué esperas?

Galegram:

Galegram é unha ramificación (Fork) de Telegram, un programa similar ós SMS  (mensaxes de texto) e correo electrónico combinados.
Esta ramificación é posible xa que Telegram liberou seu código fonte baixo unha licenza GPL, co cal, calqueira programadora ou interesada pode realizar modificacións nel e crear a súa propia implementación.
Podes enviar mensaxes, fotos, videos e arquivos de calqueira tipo a persoas que estean dentro do teu contacto de teléfone e teñan Galegram ou Telegram.
Tamén podes crear grupos de ata 200  integrantes.
Existe tamén unha aplicación para o escritorio que funciona dentro do navegador.
¿En que difiren Galegram e Whatsapp?
A diferencia de Whatsapp, Telegram/Galegram está baseado na nube e está fortemente cifrado. Como resultado disto, podes acceder ás túas mensaxes dende distintos dispositivos, incluindo computadoras, e almacenar e compartir un número ilimitado de documentos na nube.
Ademais Galegram é de balde, sin avisos nin cuotas de suscripción.

mensaxería instantanea, line

Line:

LINE é unha aplicación de Mensaxería Instantanea para teléfonos portatiles, Windows e Mac. ¡ Vaia, que os Linuxeiros vimos descartados de serie... snif !!
Ademais da mensaxería podense enviar imaxes, videos, mensaxes de audio e facer chamadas de voz sobre IP (VoIP)
mensaxería instantanea, spotbros

Spotbros

Spotbros: ¿o futuro?
Sin que neguen o parecido co Whatsapp, Spotbros pretende crear unha rede social baseada na mensaxería instantanea e baseada no concepto SOLOMO (Social, Local e Mobil):
Tendo utilidades de almacenamento na nube (1 Terabyte de balde), conta con funcionalidades que permiten consultas cooperativas. O "Shout" é unha mensaxe que podese enviar a usuarias que atopense a 1.5 km de distancia para pedir e dar información, solicitar axuda etc.
Os "spot" son grupos públicos xeolocalizados sin limite de membros onde as usuarias unense para compartir información temática.

Mensaxería instantanea, twoople

Twoople:


Twoople fusiona os conceptos de Chat tradicional, o mais puro estilo IRC co da mensaxería mobil, ofrecendonos de balde unha potencialmente interesante platarforma de comunicación.

Resumidamente, tratase de crear unha conta no sitio, de balde e rápido, o que permiteche ter unha sala de chat propia e mais un enderzo URL si decides compartila con calqueira.

As usuarias que te chamen non necesitan rexistrarse para chatear contigo, e o mais interesante e que ademais de poder facer chat dende a Web tamén podes facela dende o SmartPhone.

Pode ser unha interesante aplicación para dispor do propio chat privado con amigas ou a familia, pero pode resultar de sumo interese a hora de usalo como medio de contacto para visitantes ou clientas do teu sitio web, as que poderás respostarlle dende onde te atopes usando o teu teléfono mobil onde queira que te atopes.


mensaxería instantanea, viber

Viber:

Viber é unha aplicación para Windows, Mac, Adroid, iOS etc que permite ás usuarias realizar chamadas gratuitas de teléfone e enviar mensaxes de texto de balde a calqueira outra usuaria que teña a aplicación instalada.
Viber funciona sobre redes 3G (telefonía) e Wifi
Existen opinións que indican que non debese usar Viber debido o pouco respeto que a compañía presta a privacidade das usuarias, xa que almacena a información sobre os seus contactos.
Ainda que é posible pedirlle ós xestores da aplicación que eliminen dita info, esta acción queda ó dispor da compañía, sin que a usuaria poida verificala.
NON RECOMENDABLE.

Whatsapp.


WhatsApp  é unha aplicación de mensaxería instantanea de pago para recibir e emitir mensaxes mediante os Smart Phones de forma económica, complementando os servizos de mensaxería tradicional (SMS) coa mensaxería multimedia.
As usuarias poden crear grupos e enviar antre eles un ilimitado número de imaxes, videos ou mensaxes de audio.
Non ten unha versión para escritorio, ainda que podese traballar con ela instalando un emulador dos sistemas operativos compatibles.
Esta aplicación foi mercada por Facebook en Febreiro do 2014 por unha cantidade indecente de cartos: 19 mil millóns de dólares USA.

As imaxes na Internet son o noso Escaparate. ¿Donde as publicas?


As estatísticas que nos amosan do comportamento Internet 2013 a empresa KPCB amosan o desplazamento da publicación de imaxes xa non cara as aplicacións específicas de fotografía de telefonía mobil, senon o incremento do envio mediante mensaxería instantánea.

O LADO ESCURO. -e tocho -

Mensaxería Instantanea, Comunicación Corporativa e Protección de Datos. (LOPD)


Conforme estamos a plantexar a posibilidade de usar a Mensaxería Instantanea para facer Marketing Mobil, teremos que decir que moitas empresas empregan estas plataformas rutinariamente no seu traballo corporativo.
Spotbros
Existe a posibilidade de incurrir en problemas, tanto de confidencialidade como de vulneración do entorno normativo contemplado na Lei Orgánica de Protección de datos, no caso de usar estas plataformas.

No primeiro sentido, debemos saber e lembrar  que cando enviamos información corporativa a unha compañeira non sabemos si cando abre alguén está mirando de reollo para o terminal. Ademais  as mensaxes instantaneas poden ser hackeadas pola competencia e ser interceptados sin que ti o saibas. Debes ser  consciente de que si transmites información sensible a través de estas plataformas, ¡AINDA ESTANDO CODIFICADAS! poderías estar dando a coñecer información confidencial da empresa que podería comprometer teus actuais e futuros proxectos.
Non creo que sexas tan curiosa como para querer interceptar whatsapps que se están emitindo nunha wifi accesible. Non, non creo.

Por outra banda a vulneración da LOPD para as empresas que vulneran a protección de datos das suas usuarias, clientas, proveedoras etc, pode supoñer sancións que acaden os 600.000 €uros.
A cuestión é que de cando en vez as plataformas de Mensaxería Instantanea rompen, e deixan ó descuberto os datos de acceso e contactos das súas usuarias, ou que queden ó descuberto as súas IP's .
Cando instalas Whatsapp, por exemplo, no celular, daslle permiso a plataforma para acceder a todolos teléfones de contacto (e alterar o teu modo de conexión, publicar por ti, borrar aplicacións.... ¡bueno! estou a explaiarme e seguro que leeches as condicións de uso.
Pero, por outra banda, como tamén leeches, a aplicación informa de que pode non garantir a integridade da información,  deixando toda a responsabilidade e riscos respecto as posibles vulnerabilidades e infraccións en materia de datos nas mans da usuaria.
Si esta é unha particular, non ocurre nada.. pero ¿é si é unha empresa ou negocio local?

Lembremos que a LOPD fai ás empresas responsables xurídicas dos datos persoais que coñecen (e teñen o deber de custodiar e salvagardar) das súas clientas, incluindo súa imaxe, estado, data e hora da última conexión, IP, número de teléfono etc.
Ademais, a LOPD esixe que haxa consentimento previo dos afectados para ser incluidos nunha base de datos (listíns telefónicos incluidos, claro. !!!)

Por isto, convirá que as PeMEs e ONG's que usen a Mensaxería Instantanea como ferramenta de comunicación e Marketing, tomen en consideración unha serie de precaucións: (Algunhas delas caen de caixón):
  1. Obter o consentemento previo e documentado do cliente para o uso con eles destas plataformas.
  2. Restrinxir o uso das comunicacións por estes medios a comunicacións puntuais. Non usar as funcionalidades de grupo das plataformas.
  3. Crear protocolos de seguridade para salvagardar a información das clientas e prever situacións críticas.
  4. Planear un plan de continxencia no caso de roubo de dispositivos que inhabilite o acceso ós datos.
  5. Implementar nos dispositivos  sistemas de borrado remoto de datos no caso de sustracción.

¿Sábes todo o que o podes facer co teu teléfone ?

 

posibilidades smartphone
Imaxe: G+.


¿Ocurrenseche mais ideas para empregar a Mensaxería Instantanea para Potenciar o teu negocio ou a túa tenda de cercanía?
Comparteas con todas nos !! 


Si gostache deste post, partillao coas túas amigas!!!



Voltar ó Indice.
 
Licencia Creative Commons Potenciar teu negocio coa Mensaxería Instantanea, por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+ 
 
Emprega, si desexas, o espacio de comentarios do post, na Aula virtual de Facebook, ouy no  grupo "Aprendermos" do Linkedin.


Ferramentas usadas para crear este taller: Blogger, Linux Ubuntu, MiriadaX, Mozilla Firefox, Gimp, Inkscape, Google Forms, Google Groups, Google Spreadsheet, Linkwhithin, Facebook Apps, Google Mail, PinterestWordPress.

1 comentario :

  1. Quero compartir con todos vós aquí como obtendo o meu préstamo do señor Benjamin que me axuda cun préstamo de 400.000,00 euros para mellorar o meu negocio, foi sinxelo e rápido cando solicito o préstamo cando as cousas se estaban complicando co meu negocio Sr. Benjamín concédeme sen demora. aquí tes o correo electrónico do señor Benjamin / whatsapp: +1 989-394-3740, Lfdsloans@outlook.com /

    ResponderEliminar