¿Qué son os códigos QR?
O código QR (en inglés, quick response code, «código de resposta rápida») é un código bidimensional deseñado inicialmente para o uso no sector do automóbil pola compañía xaponesa Denso Wave, subsidiaria de Toyota, en 1994.
Os códigos QR empezaron empregandose durante a fabricación para o
seguimentos dos compoñentes.
O sistema fixose moi popular pola facilidade para incluír máis información que os códigos de barras unidimensionais.
O código está formado por puntos negros cadrados dispostos nun cadrado sobre fondo branco. Os tres cadrados das esquinas son para fixar a posición dos datos. O código pode almacenar datos numéricos, alfanuméricos, bytes/bits,etc. (Galipedia).
O sistema fixose moi popular pola facilidade para incluír máis información que os códigos de barras unidimensionais.
O código está formado por puntos negros cadrados dispostos nun cadrado sobre fondo branco. Os tres cadrados das esquinas son para fixar a posición dos datos. O código pode almacenar datos numéricos, alfanuméricos, bytes/bits,etc. (Galipedia).
Captura do Artigo Qr na Galipedia. |
¿Cómo se lée un Código QR?
En Inmodulce. |
Os códigos QR leense con lectores específicos que dependen do dispositivo.
Para as comúns das humanas, debemos ir ó noso proveedor de software do noso smart-phone (Google play para Android, App Store para iPhone, Blackberry OS, Firefox MarketPlace...), buscar un lector de Códigos QR e instalalo.
Unha vez fixeras isto, coa aplicación aberta, dirixes a cámara do teu dispositivo cara o código que desexes leer, e a aplicación levarate ó enderezo ou contido ó cal o código apunta)
¿Por qué poden ser útis os códigos QR no comercio inmobiliario?
Esta nova forma de comunicar, sirvenos para facilitar o acceso ás nosas clientas ós servizos que ofrecemos, que poidan ver as fincas de forma inmediata e incluso para evitar desplazamentos.
¿Por qué non deixar que as interesadas voten unha primeira ollada ó piso dende a sua tableta ou teléfone -plano de distribución, mobiliario, vistas etc- antes de que nos chamen?
Poderemos ser moito mais productivas facendo as saídas nas cais teñamos realmente posibilidades de pechar unha operación, e terás a tua web funcionando durante mais tempo nos terminais portátiles da túa clientela potencial !!
¿Por qué non deixar que as interesadas voten unha primeira ollada ó piso dende a sua tableta ou teléfone -plano de distribución, mobiliario, vistas etc- antes de que nos chamen?
Poderemos ser moito mais productivas facendo as saídas nas cais teñamos realmente posibilidades de pechar unha operación, e terás a tua web funcionando durante mais tempo nos terminais portátiles da túa clientela potencial !!
A canle habitual de venda das Inmobiliarias na rúa veñen sendo principalmente os cartaces ubicados nos inmobles en aluguer ou venda e mais a exposición dos locais na propia oficina.
¿Que conquerimos engadindo un QR á nosa publicidade/taboeiro de anuncios?
Basicamente darlle acceso inmediato ás clientas ó interior do inmoble, satisfacer de xeito inmediato a curiosidade da consumidora e aforrar unha chea de tempo en acompañar as clientas ó piso.
Ademais, temos aberta a oficina 24 horas, 7 días á semana.
¿Cómo xenerase un código QR?
Dende o teu terminal busca un xenerador de códigos QR como QR-Generator, QRCode, Codigo-QR .... ou calisqueira outro, o que mais rabia che dea.
Inclue o documento onde queiras que apunte (URL, texto, Vcard...) e xenerao do maior tamaño posible.
Inclue o documento onde queiras que apunte (URL, texto, Vcard...) e xenerao do maior tamaño posible.
O documento que agora tes comportase igual que unha imaxe calqueira.
¿Como inclues un código QR na túa publicidade ou comunicacións?
Para os cartaces que colocas no teu escaparate e que preparas ti mesma, ou a persoa encargada delo, faino igual que fas sempre para poñer a foto e a descripción.
Un código QR e un elemento que ten formato de imaxe e como tal pode tratarse.
Para a publicidade, folletos etc, pide ó teu proveedor que o inclua no espazo que estás contratando.
Para os cartaces da rúa, fala coa túa proveedora de reprografía e encargalle uns adhesivos de vinilo para incluir no teu cartaz de exteriores.
- Non se deben xuntar varios QR. Seu aspecto semellante aturden á receptora.
- Non deben colocarse en lugares que obriguen a contorsionarse para leelos.
- Colocados sobre elementos móbiles (como autobuses ) só teñen efectividade no momento no cal estes están parados. Valora a conveniencia.
- En lugares moi distantes. Si non son do tamaño suficiente non poderán ser escaneados.
Outras posibilidades dos Códigos QR.
- Engadir un código QR nos carteis promocionais que apunten a súa páxina de Facebook.
- Nos folletos promocionais para que a xente vexa a casa da semana. Coloque distintos códigos en distintos folletos para ver cal ten maior impacto.
- Nos obxectos promocionais. Insira un código QR no seu merchandising para que as persoas accedan facilmente á web da túa empresa.
- Poña un QR que leve a un mapa en Google Maps das propiedades que administras.
- Coloque un código QR nos anuarios para dirixir a xente ó seu sitio ou Rede Social.
- Apunte con un código QR á súa páxina de Yelp ou FourSquare para que a xente poida facer "check-in"
- Conecte con códigos QR seus boletíns impresos a súa información en liña.
Neste ocurrente video, 37 exemplos de uso dos códigos QR.
E a tí, ¿Ocurrenseche mais utilidades para os Códigos QR?
Si eres unha persoa ocupada para crear os teus própios códigos QR ou atopaste con algunha dubida, contactame, podo axudarche.
Voltar ó Indice.
Uso dos Códigos QR no sector inmobiliario, por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported Manuel Freiría en G+
Emprega, si desexas, o espacio de comentarios do post, ou no grupo Aula virtual de Redes Sociais de "Aprendermos" no Facebook , no grupo "Aprendermos" do Linkedin, no Grupo eMarketing Portugaliza de Google +.
Ferramentas usadas para crear este taller: Blogger, Linux Ubuntu, MiriadaX, Mozilla Firefox, Gimp, Inkscape, Google Forms, Google Groups, Google Spreadsheet, Linkwhithin, Facebook Apps, Google Mail, Pinterest, WordPress.
Ningún comentario :
Publicar un comentario