Esperando que estés disposta a iniciarte no mundo da blogosfera, e iniciar a tua propia bitácora, nesta entrada imos ver cales son os requisitos necesarios para crear un blogue.
Ainda que nestes exercicios previos imos traballar con ferramentas que non teñen coste económico e nos dan todo gran parte do traballo feito, imos ver cales son os elementos necesarios para crear un blogue (ou unha web) contando cos nosos exclusivos medios.
Se así o fixeramos, compriríanos un nome de dominio (unnome.com); un lugar de almacenamento e un xestor de contidos e apariencia ou CMS. Vexamos cada un deles antes de pasar a mentar unhas cantas ferramentas sen coste económico para a nosa nova lideira.
Se así o fixeramos, compriríanos un nome de dominio (unnome.com); un lugar de almacenamento e un xestor de contidos e apariencia ou CMS. Vexamos cada un deles antes de pasar a mentar unhas cantas ferramentas sen coste económico para a nosa nova lideira.
Dominio:
Un dominio ou DNS (Domain Name System) é a traducción de un enderzo IP (Internet Protocol), que non é mais que unha sistemática de asinación de nomes intelixibles usados polas máquinas de orixe e destino para a comunicación a traverso de unha rede.(Internet ou Intranet).
O nome é noso identificador na Internet, (aprendermos), e é transparente do sistema de enderezos IP, igual que no teléfone non buscamos números, senon un nome que está asociado a ese número telefónico. (Buscar a Sandra para chamala, e non o 691 **). O coste do dominio depende do proveedor, e da extensión que desexes rexistrar (.com, .net, .org...)
Hosting:(Aloxamento)
O aloxamento web (Hosting) é o servizo que provee ás usuarias de Internet de un sitio onde almacenar información.
O precio dos aloxamentos é moi diverso en función dos servizos prestados. Existen algúns sin coste económico, que se financian con publicidade que aparece nas páxinas, ata os servidores dedicados (unha máquina ó teu servizo) que costan varios centos de euros/mes.
Sistema de Xestión de Contidos. (CMS)
Un sistema de xestión de contidos ou CMS -inglés-, é un programa que crea unha estructura para a creación e administración de contidos e diseño dos sitios.
Estes sistemas permiten manexar de xeito independente o contido e o aspecto, podendo en calqueira momento modificar o diseño sin que se alteren os datos aloxados.
Precisamente, o que imos ver agora, son distintos Xestores de Contidos que nos ofrecen aloxamento e un dominio para os nosos blogues sen custo económico.
CMS sin custo económico:
Blogger:
A plataforma que ofrece Google en Blogger resulta sumamente doada de utilizar para crear un espazo do tipo http://teublogue.blogspot.com en cuestión de minutos:
Dentro das ventaxas coas que conta está a integración co resto das ferramentas de Google. Un bo exemplo de blogue en Blogger, é o seu sitio oficial.
Se queres podes seguir con "Aprendermos" un taller on line de Creación de blogues con Blogger.
Tumblr:
Tumblr é unha plataforma para crear microblogues sociais nos que é posible publicar textos, imaxes, videos, arquivos de audio etc.
Esta plataforma deixanos crear blogues con un gran atractivo visual, ideais para as interesadas na fotografía e para as marcas que desexan destacar visualmente seus productos.
Ten certo parecido coas redes sociais, na medida na cal os blogues son seguidos, ten certas funcións de chat e permite partillar as publicacións con outras redes sociais como Facebook, Twitter ou Instagram. Tamén permite o uso de etiquetas (#tags) de xeito que os posts poden ser atopados con relativa facilidade por quenes realicen buscas baseadas nesas verbas.
Weebly:
Weebly dispón de unha chea de ferramentas para o diseño de blogues, páxina empresariais ou incluso crear tendas en liña.
Conta con un sinxelo editor que permiteche crear os temas en un plis plas mediante o método de arrastrar e soltar.
WordPress:
WordPress é un CMS instalable nun servidor, baseado en software GPL, sumamente utilizado, non solo para crear blogues, senon ata tendas on line e incluso redes sociais.
Existe unha versión en liña, que fornece tanto un espazo de almacenamento e un DNS tipo http://teublogue.wordpress.com.
Un punto a favor de WordPress é que por ser Software GPL ten unha ampla base de desenvolvedores que día a día o melloran e dotano de novas características.
Si ben sua versión en liña é fácil de aprender, instalar unha distribución nun servidor propio esixe coñecementos notables, que non imposibles.
Se queres podes aprender con nos a crear un blogue de Word Press dende cero.
Existen multitude de sitios e plataformas que permiten crear un blogue sin custo económico. ¿Cal sería a túa preferida?
Ferramentas para a creación e xestión de Blogues, por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported Manuel Freiría en G+
Ferramentas usadas para crear este taller: Blogger, Linux Ubuntu, MiriadaX, Mozilla Firefox, Gimp, Inkscape, Google Forms, Google Groups, Google Spreadsheet, Linkwhithin, Facebook Apps, Google Mail, Pinterest, WordPress.
Webgrafía:
Bitacoras: Aloxamento para blogues.
Wikipedia: CMS.
Blog Sage: Comprar un dominio es muy fácil.
Wikipedia: Aloxamento Web.
Wikipedia: Dominio de Internet.
Wikipedia: Protocolo de Internet.
Publicado by Aprendermos.
Ningún comentario :
Publicar un comentario