Lei de Defensa da Consumidora e Comercio Local
O 13 de Xuño do 2014 entrou en vigor reforma da Lei Estatal de Defensa dos Dereitos das Consumidoras,(LEDDC), que pretende harmonizar a normativa do consumo na Unión Económica Europea e refundir as diferentes normativas tanto estatais como Europeas emitidas en materia de Protección das Consumidoras e Usuarias.
Neste artigo enumeramos as leis de referencia, entre as que incluese a Lei de Ordeación do Comercio Minorista, aportanse diversos documentos útiles para a venta e normalización das operacións por canles distintos os tradicionais elaborados por #Trustedshops lider no sector de certificación de tendas en liña, e comentanse os conceptos básicos a ter en conta para achegarse ás vendas mediante canles non convencionais.
As modificacións mais importantes na Lei de Defensa da Consumidora aluden a irregularidades manifestas no obrar cotián de quen pode impor clausulas abusivas, mais marca tamén claramente cales son as posibilidades que ten o #comerciolocal en novas formas de comercialización emerxentes.
¿Interesalle ó #comerciolocal coñecer e usar a Lei de Defensa da Consumidora?
Categoricamente sí.
A primeira razón, e que é parte involucrada.
A segunda razón, e que a Lei incorpora novedades en materia de contratos coas consumidoras e usuarias, altera a normativa relativa a contratos celebrados a distancia, modifica a normativa sobre cláusulas abusivas e garantías dos bens de consumo, dos cais o #comerciolocal é usuario.
Ademais incluese na Lei as características dos contratos de venda ou servizos mediante novas canles (Whatsapp, SMS) , sin que necesariamente exista compra mediante plataforma electrónica (tenda en liña).
Abonda para aplicación da nova normativa o contacto comercial mediante plataformas a distancia (teléfone e Mensaxería Instantánea), e como temos abordado en outros artigos deste taller, este aspecto toca no cerne da evolución natural das canles de vendas para o pequeno comercio e comercio local.
¿Quén é a consumidora ou usuaria?
Son consumidoras ou usuarias as persoas físicas que actúen con proposito alleo á actividade comercial, empresarial, oficio ou profesión.
Tamén se as considera ás persoas xurídicas e as entidades sin persoalidade xurídica que actúen sin ánimo de lucro nun ámeto alleo a unha actividade comercial ou empresarial. (Artigo III)
Necesidade dos soportes duradeiros.
Entenderase por "soporte duradeiro" todo instrumento que permita que a consumidora ou usuaria e empresaria almacenen a información que foilles dirixida persoalmente, de xeito que nun futuro poida ser consultada durante un periodo acorde cos fins de dita información e que permita súa fel reproducción. Entendense como tais o papel, as memorias USB, os CD-ROM/DVD, as tarxetas de memoria, os discos duros, os correos electrónicos así como as mensaxes SMS. (Artigo 59 bis.)
¿Por qué?
Nos casos nos que se de a celebración de un contrato a distancia, debese levar a realización do mesmo a traverso de calqueira soporte de natureza duradeira. A consumidora ou usuaria quedará vinculada unha vez que aceptara mediante sua sinatura ou mediante envio do seu acordo por escrito e mediante un envio de soporte de dita natureza. (Artigo 98-6)
Nstes dous artigos, daselle validez contractual a un SMS ou a unha mensaxe recuperable mediante o uso dos Servizos da Información, e elo, dalle garantías tanto á clienta a hora de posibles reclamacións, como a comerciante no supostos de impagos.
Dereito o desestimento de compra. (Artigo 102)
Neste artigo garantizase do dereito da consumidora ou usuaria a desistir da súa compra sin indicar motivo e sin incurrir en coste adicional, salvo o previsto nos artigos 107.2 e 108 (transporte urxente, manipulación indebida ,,,)
Dentro das excepcións a este dereito ó desestimento están algunhas de interese para o #comerciolocal e #pequenocomercio:(Artigo 103)
a) A prestación de servizos, unha vez que o servizo fora executado ou a execución empezara co consentimento expreso da consumidora.
c) O suministro de bens confeccionados conforme especificacións técnicas da consumidora ou usuaria ou claramente persoalizados.
d) O suministro de bens que poidan deteriorarse ou caducar con rapidez.
h) Os contratos nos que a consumidora ou usuaria solicitara específicamente a empresaria que a visite para efectuar operacións de reparación ou mantenemento urxente. (...)
l) O suministro de servizos de aloxamento distintos do da vivenda, o aluguer de veiculos, servizos de comida ou servizos relacionados con actividades de lecer se os contratos prevén unha data ou periodo de execución específica.
As chamadas Comerciais:
A lei impón a proibición de realizar chamadas comerciais os festivos.
Pola semana permiteas entre 9 e 21, e sempre con número identificable.
O #comerciolocal, debe pedir permiso para usar os datos que obteña por distintos medios para comunicarse comercialmente coas súas clientas, debe facerlle ver que seus datos van ser gardados nunha base de datos, que estes non van ser cedidos, e comprometese a salvagardalos evitandos sua difusión e furto, amén de dar de alta súa colección ante a Axencia Estatal de Protección de Datos.
Alén destas condicións legais, o pequeno comercio debe ser sumamente educado e cauto co uso masivo de comunicación as súas clientas.
Un uso indebido ou excesivo, fará que a clienta encomodese con nos, dese de baixa dos nosos grupos de mensaxería instantánea, envio nosos correos electrónicos directamente á caixa de Spam, e eventualmente, que tome accións legais.
Convidovos a leer o Post "Mensaxería Instantánea no Comercio Local", e teñades en conta as recomendacións básicas referidas a LOPD que nel fanse.
¿Adaptarse ou non adaptarse a Lei Xeral de Defensa dos Dereitos da Consumidora?
No caso de escoller a terceira vía, non aplicar a normativa, ou directamente ignorala, debes saber que a idea pode costarche mais ben caro.
As infraccións á LEDDC serán sancionadas, dende un mínimo non escrito ata 600.000 €, podendo sobrepasar esta cantidade ata acadar cinco veces o valor dos bens ou servizos obxecto da infracción.
Ata eiquí o artigo mais aburrido que tocou escribir ó longo do temario deste taller... pero si creedes que o leido foi tedioso... ¡¡ agardade a ler o texto íntegro das disposicións que atopas o final do artigo... !!
¿Consideras interesante a aprobación da nova Lei? ¿Cál é a túa opinión como comerciante? ¿Suporá ventaxas para vendedoras e clientas?
Lembra partillar este artigo se o consideras útil, prometo estarche agradecido !!!
E si te lías con todo isto da LOPD e Redes Sociais, contactame, podo axudarche.Devolvendo un xogo de tixolas. (Modo ironía on!!)
Ainda que non atañe directamente ós contidos do taller, todos coñecemos
casos de acoso ás nosas maiores nas excursións promocionais, organizadas
as veces por persoas sin escrúpulos.
Compre comentar ó respecto que as compras realizadas no curso das "excursións promocionais organizadas" consideranse contratos celebrados fora do estabelecemento, polo que debeselle aplicar a normativa eiquí exposta, dentro da cal incluese a devolución sin xustificación dentro dos seguintes 14 días a compra, e no caso de non seren informadas das condicións de devolución ata 12 meses despois.
Compre comentar ó respecto que as compras realizadas no curso das "excursións promocionais organizadas" consideranse contratos celebrados fora do estabelecemento, polo que debeselle aplicar a normativa eiquí exposta, dentro da cal incluese a devolución sin xustificación dentro dos seguintes 14 días a compra, e no caso de non seren informadas das condicións de devolución ata 12 meses despois.
Documentos de Aplicación na Lei de Defensa dos Dereitos das Consumidoras:
- Lei 7/1996 de 15 de Xaneiro de Ordeación do Comercio Minorista.
- DIRECTIVA 98/27/CE Do Parlamento Europeo e do Consello de 19 de Maio de 1998 relativa ás accións de cesación en materia de protección dos intereses das consumidoras.
- Lei 15/1999, de 13 de Decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.
- LEI 34/2002, do 11 de Xullo, de servicios da sociedade da información e de comercio electrónico.
- RDL 1/2007, de 16 de Novembro, da Lei Xeral para a defensa das Consumidoras e Usuarias.
- Lei 3/2014 de 27 de Marzal pola que modificase a Ley Xeral par a Defensa das Consumidoras e Usuarias.
- Condicións de entrega, dereitos das consumidoras.
Documento creado por #Trustedshops. - Manual para vendedoras en liña. Guía práctica e textos modelos.
Documento creado por #Trustedshops. - Novo dereito o desestimento de compra.
Documento creado por #Trustedshops. - Tendas on line: Como adaptar á nova Lei de Defensa da Consumidora.
Documento creado por #Trustedshops.
Webgrafía:
- Guía contra o Spam. AEPD
- Reforma de la Ley General de Defensa de Consumidoras y Usuarias. (Novedades), IAB.
- Reforma de la Ley General de Defensa de los Consumidoras y Usuarias. ConsumoAstur.
Imaxe cursoforum.com.br
Voltar ó Indice.
Pequeno Comercio e Lei de Defensa da Consumidora, por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported Manuel Freiría en G+
Ningún comentario :
Publicar un comentario