luns, 28 de abril de 2014

Pinterest. Un escaparate virtual para tua tenda.

redes sociais, pinterest

O que é o Pinterest.

O Pinterest é un lugar onde almacear e ordear aquelas fotografías ou imaxes que mais che gustan.

Pinterest achega un  xeito de interactuar cos internautas, que é mediante a imaxe empregada como chave para acceder a porta dos nosos portais corporativos.
Como sempre, a experiencia é a mellor forma de aprender e atopar posibilidades. Invitovos a que coñezades Pinterest, e comentedes cal é a vosa opinión respecto a el.
Entendendo que o formato imaxe ten ventaxes notables comparado cos outros xeitos de comunicarnos co Wide World Web, xa que a imaxe amosa de xeito inmediato a mensaxe. Non compren esperas como na música ou o video e tampouco se perde tempo coa lectura.

No Pinterest compartense todo tipo de contidos,  organizados por taboeiros temáticos, que a usuaria crea e organiza.
As usuarias poden seguir todos os taboeiros de algunha usuaria, ou somente algúns ou ben atopar tópicos relativos a temas do seu interese, ainda que tamén podense poñer textos ou subir videos.
Para activar tua conta de Pinterest abonda con rexistrarse mediante un enderezo electrónico, ou ben acceder mediante as contas de Facebook ou Twitter.

Unha vez que permiteslle á aplicación acceso a tua conta, debes encher os datos persoais antes de empezar a empregar o servizo.
Unha vez dentro a información clasificase en álbums nomeados segundo o teu criterio. Logo cada foto que subas, colocarala no album mais adecuado según ti, ainda logo de definir os teus álbums, has poder editalos logo cando desexes mediante o botón editar.
Logo de rexistrarte na aplicación, recibirás varias comunicacións en días consecutivos no teu enderezo electrónico para axudarche a dar os primeiros pasos co Pinterest.
pinterest facebook
Rexistro no Pinterest con Facebook
A gran ventaxa que nos ofrece Pinterest, é que coloca ó usuario a 2 clicks da páxina de orixe onde está aloxada a imaxe ou pin.
Por esa razón, para difundir o máximo as páxinas dos nosos clientes, podemos empregar o botón pinnear (subir unha foto) , que ubicado na barra de ferramentas do navegador permitenos enlazar calqueira imaxe de unha web ou blog ós nosos cartafois. (Podedes buscar tamén entro dos complementos do voso navegador posibles utilidades para pinnear).

Cando estamos realizando unha busca no Pinterest, e atopamos unha imaxe interesante que desexamos partillar coas nosas compañeiras, decimos que repineamos (no mesmo sentido que retuitear, ou compartir no Face)

O que non é Pinterest.

Pinterest non é un lugar onde compartir teus pequenos detalles da vida diaria.
Pinterest non é lugar onde publicar novos artigos, senon imaxes.
Pinterest non é un blogue, sinon un lugar onde comunicar ideas con imaxes.
Pinterest non é tanto unha rede para conectar con persoas como para conectarse cos intereses das outras persoas (por esa razón nos suscribimos os taboeiros, non ás usuarias)

Os taboeiros segredos no Pinterest:

Bueno... pois resulta que cando creas un taboeiro novo, tes a posibilidade de ter somente acceso ti a el. Este estado é reversible a público, pero un panel (board) público non se pode convertir en segredo.
Isto pode ser útil si estás a subir unha colección, mentras non a remates, para que sexa visible somente cando esté completa. Bueno, para iso ou aquelo que ti te imaxines e desexes.

Os taboeiros con mapa:

Ligado co sistema de mapas de Foursquare, podes colocar taboeiros con unha ubicación (non demasiado) específica. Esta opción pode ser interesante cando menos para ubicar nunha zoa ampla (concello) imaxes relacionadas con el, pero ainda non ten a capacidade de afinar -como si o teñen outras utilidades- en barrios ou rúas.

Os taboeiros compartidos:

Para facilitar o traballo colaborativo, Pinterest ofrece a opción de que invites a outras persoas a postear fotografías en determiñado/s taboeiro. Moi útil para que persoas de distintos departamentos ou distantes, poidan compartir as imaxes nun mesmo lugar.
Abonda con click en editar o álbum que desexes compartir e engadir o enderezo electrónico da persoa que convidas.

pinterest, album compartido

No caso de que alguén engadirate como colaboradora nun taboeiro co cal non te sintes identificada ou non tes interés, simplemente achegate a el, dalle a Editar Taboeiro e borrate da lista de participantes. Abonda con darlle click a REMOVE.

Pinterest para as marcas.

Pinterest é un bo escaparate para publicar fotografías (ou videos) dos teus productos e que ademais acadar visitas á tua web ou blogue.

No Pinterest non hai distinción entre perfís persoais e perfís de empresa, e si desexas postularte como empresa ou profesional, debes trocar o teu perfil persoal por un de marca, xa que un correo electrónico solo pode estar ligado a unha conta (persoal ou de empresa).

Si subes as fotografías co botón pin-it, ou a utilidade do teu navegador, dende teu blogue ou páxina web, o enderezo quedará ligado automáticamente.
Si non o fas así, lembra colocar a URL cando edites a imaxe, para que  leve ás visitantes á Landing Page que desexas.

O obxectivo de unha marca no Pinterest é lograr que suas imaxes e videos sexan republicados en cantas mais páxinas persoais sexa posible, é decir, acadar moitos likes e que as fotos compartanse nos taboeiros.

Cómo atraer mais visitas cos teus Pins >> 


Instalación do botón Pin-it (Pinmarklet) no navegador Firefox.





¿Qué sectores ou negocios poden beneficiarse do Pinterest?


Xa miramos que Pinterest é un gran escaparate de imaxes que poden enlazar a calqueira sitio web,  maioritariamente utilizada por mulleres e por un segmento de edade medio alto, e que realiza frecuentes compras en liña;  (Webgrafía: 4º Estudio Redes sociais)  según estas premisas, en Pinterest temos o lugr perfecto para que unha tenda expoña seus productos e obteña visitas e ventas no seu sitio on line.

Posiblemente ainda haxa que esperar un pouco de tempo antes de que Pinterest chegue a un nutrido porcentaxe de poboación en Europa, pero mentras tanto, os negocios locais, a hostelería, o comercio de cercanía, fotógrafos, modelos, decoradores, axencias de viaxes e moitos mais poden xa ir compartindo seus contidos en Pinterest e acadar tráfico para suas web/blogs ou tendas en liña.

As métricas no Pinterest.

Si tes verificado o teu site no Pinterest, terás acceso a unha serie de métricas que a propia plataforma xestiona:
  • Pins: A media de imaxes pinneadas dende o teu site entre duas datas.
  • Pinners: A media diaria de visitantes únicos que Pinnearon dende teu site.
  • Repins: Media diaria de  persoas que repinnearon tuas imaxes en Pinterest.
  • Impresións: Media da aparición dos teus Pins na páxina de novas ou nas buscas dende a web ou smartphones entre duas datas.
  • Alcance: Mecia de visitantes únicos que miraron teus pins entre duas datas.
  • Clicks: Número medio de clicks que recibe teu site dende Pinterest.
  • Visitas: O número diario de persoas (non clicks) que visitan teu site dende Pinterest.

Non se amosan datos de métricas anteriores ó 1 de Novembro de 2012 ou anteriores ó momento de verificación do teu sitio.

Posibles Usos do Pinterest:

Taboeiro dos traballos de plástica de clase:

portadas pinterest

Para amosar catálogos (de uñas?):

portadas pinterest


pinterest zapatos



¿Cales outras oportunidades atopas no Pinterest que non vexas en outras redes Sociais? ¿Cómo o utilizarías ti para a tua marca ou negocio?

Si non tes tempo para crear e xestionar o taboeiro de Pinterest para o teu negocio, contactame. ¡ Podo axudarche!



Voltar ó Indice.
 
Licencia Creative Commons Pinterest, un escaparate virtual para a túa tenda,  por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+ 
 
Emprega, si desexas, o espacio de comentarios do post, no  grupo "Aprendermos" do Linkedin,  no Grupo eMarketing Portugaliza de Google +.



Webgrafía:

Ningún comentario :

Publicar un comentario