xoves, 3 de abril de 2014

Redes Sociais e Propiedade Intelectual

redes sociais e propiedade intelectual

As redes sociais e a propiedade intelectual

O obxectivo deste post e familiarizar ás usuarias co concepto de propiedade intelectual, así como as marxes e límites do seu exercicio.

Concepto e regulación normativa:


A lei do Reino de España que regula a propiedade intelectual, é o Real Decreto Lexislativo 1/1996 de 12 de Abril, que refunde e harmoniza a diversa lexislación existente xunto coas normas da Unión Europea.

Neste RDL, definese que a propiedade intelectual de unha obra literaria, artística ou centífica correspondelle á autora polo mero feito da súa creación, e inclue nos entes protexidos por esta lei todas as creacións literarias, artísticas ou centíficas expresadas por calqueira medio ou soporte, tanxible ou non, actualmente coñecido ou que se invente no futuro, incluindose nelas , entre outras, os libros, planos, maquetas, programas de ordenador, traduccións, etc etc.

Os dereitos de autor e outros dereitos.

No que respecta ós dereitos que conforman a propiedade intelectual, distinguense cinco tipos: Os patrimoniais, compensatorios, de remuneración e mais os dereitos morais.

Os dereitos morais, irrenuncialbes e non enaxenables, acompañan ó autor durante toda a vida da obra.
Este dereito é o que supón o recoñecemento de condición de "autor" da obra, ou o do recoñecemento do nome do artista nas suas interpretacións ou execucións, e mais o de exisir o respeto pola integridade da obra e a non alteración da mesma.

Os dereitos de caracter patrimonial son os dereitos exclusivos e o dereito a remuneración. Estes dereitos si son herdables e transmisibles.
Os dereitos exclusivos, son os que permiten ó propietario da obra prohibir a explotación da obra ou o exisimento dunha retribución a cambio da autorización de reproducción ou exposición, según proceda.
Os dereitos de remuneración obligan ó pago o propietario dos dereitos dunha cantidade dineraria polos actos de explotación que se realicen a conta da obra. Estas cantidades están determiñadas ou ben por lei, ou ben polas tarifas xerais das entidades de xestión.(SGAE, p ex)
Os dereitos compensatorios, como o dereito de copia privada, compensa ós dereitos de propiedade intelectual deixados de percibir por razón da reproducción de obras ou prestacións protexidas para uso exclusivo do copista.(Canon das memorias de ordenador)

A propiedade intelectual e as redes sociais.

Nas redes sociais, sin coñecemento, ocurren moitas vulneracións ós dereitos de propiedade intelectual, como poden ser videos, contidos audiovisuais, cancións, textos ou aplicacións informáticos.
Todos estes contidos necesitan permiso expreso dos seus autores para poder explotar, compartir ou reproducilos.
Unha vez dito isto, compre reseñar, que a reproducción de enlaces que leven ós contidos que estemos divulgando, e sempre que apunten a aloxamentos aceptados polos autores, non están incluidos dentro de esta vulneración. Incluso as autoras poden estar agradecidas de que se difundan os lugares onde a sua obra está exposta, pero si vulnerarán norma posiblemente as accións de descarga e posterior distribución de contidos sin engadir procedencia nin autoría.

As licencias Creative Commons.

As licencias Creative Commons, son licencias que permiten que a usuaria que accede ós contidos poida explotalos nas medidas que a propia licencia permite.

Existe unha diferencia moi importante das obras licenciadas baixo este esquema respecto ás obras de dominio público. As licenzas Creative Commons, obligan a que as obras posteriores deban estar rexistradas baixo unha licenza similar, de tal forma que ninguén pode apropiarse do traballo dos outros para facelo privativo.


Licenzas creative Commons, redes sociais

Onde podense atopar imaxes libres para usar nas redes sociais.

Como queira que nos medios de Redes Sociais os impactos solen ser creados sobre imaxes, no caso de necesitar algunha para empregar libremente podemos acudir a algún de estes sitios na Internet:

É o banco de imaxes do Instituto Estatatal de Tecnoloxías educativas e Formación Profesional, dependente do Ministerio de Educación.
Todas as imaxes están baixo licenza CC non comercial. As buscas, obviamente, realizanse en español.

Contén  15 packs con 15 imaxes cada un, con elementos moi concretos. Resulta moi útil para buscar imaxes moi específicas.

O obxectivo desta web é amosar e ofrecer as fotos publicadas mediante licenzas abertas na web de Flickr. Están recopiladas gran parte das fotos de dominio público do mundo.


free digital photos

Free Digital Photos é un banco moi interesante para atopar imaxes dentro de moitas categorías. É un recurso moi empregado por bloggers.
Non compre rexistrarse e o buscador atina bastante nos resultados da busca que fas. En inglés.

Sitio para descargar imaxes con licenzas similares as CC colocadas por categorías.(Hainas a mancheas)

Se sodes usuarias do buscador Google, podedes atopar imaxes e fotografías con licenzas de reutilización na pestana Ferramentas de busca >> Dereitos de uso.


google creative commons


A propiedade intelectual no Facebook.

A declaración de dereitos e responsabilidades das redes sociais, tamén as de Facebook, sole estar incluido no contrato de licencia, que ese documento que a maioría das persoas din que teñen leido e que en absoluto fixeron cando acceden por primeira vez a un servizo de este estilo.

Neste apartado imos lembrar cales son as posibilidades que damoslle a Facebook sobre os nosos propios traballos, xa que como previamente miramos, non somos quen de violar os dereitos de propiedade intelectual de outras cando publicamos contidos.

Non imos trasladar literalmente mais que o punto 1 da declaración de dereitos e responsabilidades do contrato de Facebook, (recomendamosche que o leas enteiro, si ainda non o fiseches).

1.- Para o contido protexido polos dereitos de Propiedade Intelectual, como fotografías e vídeos, concedes específicamente a FaceBook o seguinte permiso, de acordo coa configuración de acordo coa configuración de privacidade y das aplicacións: Concedeslle unha licencia non exclusiva, transferible, con dereitos de sublicencia, libre de dereitos de autor, aplicable globalmente para utilizar calisqueira contido de Propiedade Intelectual que publiques no Facebook ou en conexión co Facebook.Esta licenza de Propiedade Intelectual remata cando eliminas o contido con Propiedade Intelectual ou eliminaas tua conta, salvo si o contido foi compartido con terceiros e estes non o teñen eliminado.

Como podedes ler, Facebook pode facer uso das tuas obras de Propiedade Intelectual para usar tua obra no lugar que consideren adecuado ou útil, tanto directamente como por medio de trebellos de Facebook instalados nas páxinas de terceiros.

¿Como levas ti o tema da Propiedade Intelectual nas túas Redes? ¿Saltalo as veces sin querer? ¿Coñeces mais repositorios Creative Commons ou libres onde atopar materiais?

Fai túa aportación nos comentarios ou ben no grupo "Aprendermos" do Facebook ou do Linkedin.



A modo de Resume.
Neste video, Alejandro Sanchez del Campo, profesor da IE Bussines School, (Ver en Linkedin) e membro do Regulatory Councel en Telefónica Digital, explica de unha forma moi clara e práctica cales son as prácticas inadecuadas de publicación nas redes sociais dende a óptica da Lei de Propiedade Intelectual e o dereito en xeral.





Voltar ó Indice.
 
Licencia Creative Commons Redes Sociais e Propiedade Intelectual,  por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+

Ferramentas usadas para crear este taller: Blogger, Linux Ubuntu, MiriadaX, Mozilla Firefox, Gimp, Inkscape, Google Forms, Google Groups, Google Spreadsheet, Linkwhithin, Facebook Apps, Google Mail, PinterestWordPress.

Webgrafía:



Ningún comentario :

Publicar un comentario