Un emprendemento diferente: Un taxi nas Redes Sociais
Youtube, Google +, Facebook Fan Page, Instagram, "Páginas amarillas", Blogue, Twitter, Linkedin, Google Maps, .... Non, non estou a facer unha enumeración de Redes Sociais ou elementos de Social Media recitados ó chou.
Todas estas, e algunhas que non fun capaz de apuntar amén das apps dos seus smartphones, son ferramentas que usa María Muñoz Otero, "Merilempicka", para dar presencia o seu emprendemento de transporte privado nas redes sociais.
Para ser miña primeira entrevista, nada poido saír peor: O lugar onde quedamos estaba pechado, acomodamonos noutro lugar nunha mesa que abaneaba como o barco na tormenta perfecta, esquecinme de facerlle unhas fotos e ainda por riba a máquina de grabar decidiu poñerse en folga e non rexistrar nada, pero algo quedoume.
Contanos primeiro cal é a túa ferramenta de Traballo.
É un Opel Insignia que tuneei nuns cantos detalles que me parecían mais elegantes. Troqueille por exemplo os logotipos e pusenlles o do Vauxhall, que é a versión inglesa da Opel.
As lúas tintadas sirven para garantir a privacidade das clientas, e como a seguridade da viaxeira pareceme unha cuestión sumamente importante, ademais do equipo de seguridade de serie, que ten o Opel Insignia incluio determiñados extras que me parecen imprescindibles, como encher as rodas con Nitróxeno e non con airo, para mellorar a experiencia da viaxe, aumentar fiabilidade na conducción e aumentar a protección das viaxeiras.
Por qué as redes Sociais?
O negocio do Taxi, no sentido clásico de taxi de parada está morto. É un sector que ainda mantense anclado no pasado, onde non se incorporaron as novas tecnoloxías, de ahí a miña aposta por un cambio nas canles de comunicación
-María tamén emprega canles off-line-.
Na internet, as persoas acceden ó meu contacto por medio do Blogger sobre todo, e as canles para entrar ahí veñen sendo basicamente a FanPage do Facebook, e o Twittter.
De todas formas, a ferramenta definitiva é o Teléfono, xa que nel é onde acabo contactando coas persoas e concretamos as viaxes que se van a facer.
Doulle moita importancia ós grupos para lanzar mensaxes, tanto no Facebook como no Linkedin, xa que comunicase de unha forma moito mais cercana, casi dirixindote ti a ti, non son verbas lanzadas ó airo.
Utilizas o Whatsapp para contratar servizos?
Tamén recibo notificacións por Whatsapp e calqueira outra plataforma de mensaxería instantanea, e de feito teño varias clientas as cales avisanme por Whatsapp.
Para novas clientas prefiro de todas formas o teléfono, porque co Whatsapp se incrementan as posibilidades de recibir unha chamada en blanco, (que chegues a recoller e non haxa ninguén). A comunicación por teléfono dache moitos mais datos acerca da persoa coa que estás a falar, é moito mais inmediata, observas a reacción da persoa, a inmediatez das respostas, se dubida cando lle preguntas onde te está esperando.
De feito, as chamadas en branco que tiven ía a elas con resquemor... algo me decía que posiblemente estivera ante un servizo frustado. Ainda que o final vas polo temor a deixar en terra un cliente real, algo diceche que a voz non estaba sendo franca.A comunicación por teléfono dache mais pistas acerca da túa interlocutora.
¿Qué é iso do Servicio VIP?
Para distancias superiores a 150Km teño diseñado un servizo VIP. 150 kms é a distancia que hai ata a o aeroporto "Sa Carneiro", en Porto. A estas persoas ofrezolle, sin encarecer prezo un servizo de pasatempos da súa elección, ben sexa películas, música, entretenementos, prensa... e naturalmente a persoa que accede a este servizo pode seguir traballando durante a viaxe, xa que o servizo Wifi permitelle ter unha conversa si o desexa polo Skype o Hangouts, ou seguir traballando cos seus documentos ou rematar de preparar a presentación que ten pendiente.
Meu taxi é unha minioficina que permitelle a quen queira aumentar a súa productividade.
Como anécdota, levo adaptadores para cargar uns cantos teléfonos móbiles, non todos os modelos, evidentemente, pero si os mais usados. É mais frecuente do que parece que as persoas queden incomunicadas por culpa da falta de batería.
Pero... non aparece túa foto nas túas Redes Sociais.... ¿por qué?
Non... o que pretendo é amosar unha imaxe profesional, a imaxe do servizo, non a de unha persoa.
Teño que ser eu quen faga o servizo, pero o importante non é a persoa que conduce ou o realiza senon a súa profesionalidade.
Ata no Linkedin tirei a mixa imaxe persoal e pusen as imaxes das tarxetas.
Quero que as persoas centrense no que é o servizo, amosar que eu ofrezo un servizo serio e profesional.
Un servicio de transporte de persoas serio, discreto, con incentivos que non influen no coste e dirixidos a mellorar a experiencia da clienta.
Prefiro usar a imaxe das tarxetas, parecenme mais serias e transmite identidade corporativa, que vai mais alá do que unha persoa é.
Antes de rematar, , unha pregunta non podía quedar no tinteiro, xa que o espíritu de Tamara de Lempicka compartiu con nos este rato.
Por qué o alcume de Merilempicka?
Merilempicka é unha imaxe de forza, de superación.
Tamara de Lempicka foi unha muller que naceu fora do seu tempo pero que non se deixou arredar polos obstáculos. Para min é unha imaxe da persoa que cree en si misma, que faise valer, que marcase metas e non se detén ante as opinións que as outras poidan ter.
Cando flaqueo, traioa a mente e axudame a superarme. Si ela foi combativa a principios de século... eu tamén podo a estas alturas.
Acerca de María Muñoz Otero:
Este torrente de vitalidade con forma de muller, ademais de innovar co seu emprendemento, é estudante de pedagoxía e voluntaria na Asociación ANHIDA Vigo, e colabora, entre ooutras coa Revista Latexo.
Podedes atopala no Linkedin, en Instagram, na súa Facebook Fan Page, en Twitter, e no Google + ou na súa canle de Youtube,e naturalmente no blogue Taxi Nigrán-Val Miñor.
Mirade que video mais chulo fixo ela mesma con unha app movil !!!
E ti... ¿Tes servizo de transportes de persoas? ¿Empregas as Redes Sociais como elementos de comunicación?
Partilla este post si che gustou, ou si che gustou o servizo que ofrece Taxi-Nigrán María, claro.
Voltar ó Indice.
O taxi nas Redes Sociais, por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported Manuel Freiría en G+
Emprega, si desexas, o espacio de comentarios do post, na Aula Virtual de "Aprendermos" no Facebook, ou no grupo "Aprendermos" do Linkedin.
Ningún comentario :
Publicar un comentario