domingo, 11 de maio de 2014

O ABC da estratexia nos Medios Sociais

pequeno comercio, social midiaO ABC da estratexia nos medios Sociais.

Pode ser que leves toda a vida traballando no #pequenocomercio, e de pronto mires que todo mundo anda con iso das Redes Sociais as voltas... que si o Feisbuk, que si o Tuiter, o Telegram.... e de pronto atopaste mais perdido que un pulpo nun garaxe e con peores espectativas que un caramelo na porta de unha escola.

O mesmo tempo, se non eres dos que naceches con un teclado na man (coma min e como tantos) e levas a vida adicada a dar servizo ás túas clientas dentro do negocio que coñeces, pode ser que entreche un chisco de pavor a enfrentarte ás novas tecnoloxías... (que xa son tan vellas como a telefonía mobil, por certo).. e non saibas por onde tirar.

Non debes preocuparte. Do que estamos a falar é de Servizo e mais de Propaganda, (pero como iso da propaganda soa mal, imos chamarlle Marketing).

Estamos a falar do que sempre fixeches, pero con ferramentas diferentes. É decir, non tes que aprender nada que non saibas .... solo a usar a ferramenta, porque todo o demais é igual.

Lembrate cando facías os carteis das ofertas a man, logo pedicheslle a alguén que chos fixera en ordenandor para que quedaran mais chulos. Pois é o mesmo. Temos que seguir usando os carteis, pero agora utilizando outros medios. Iso si, o igual que te actualizas no referido ás tendencias do teu sector, si queres estar a última e coñecer as tendencias (para logo usalas ou non, en función do partido que crees que podes tirarlle) tes que aplicarte un chisco e seguramente preguntarlle á filla, á sobriña...ou igual á neta, como tes que facer determiñadas cousas. 

Non te preocupes.... está chupado.Mandame un Telegram ou un correo si te atascas.

(Non me da vergoña decir que hoxe mesmo tiven que preguntarlle a miña sobriña Rebeca - de 15 anos...- como se facía para crear un grupo no whatsapp.... que logo de darlle un millón de voltas non sabía como facelo. ¡ Vaia... ! ¡ Era tocar un botón que  pasaba por alto!! )

Tras esta introducción (que casi me come medio post) e aparcadas as consideracións de "sonche moi maior", "non me da a cabeza", "eu para iso non valo".. etc...  imos avanzar e profundizar do pouco o moito nas cuestións básicas dos Medios Sociais, no A-B-C porque o que si que resulta un pésimo negocio é non facer nada, xa que iso non é rendible nin para o bolsillo nin para a saude mental. As reglas do xogo trocaron, e compre adaptarse a elas.

redes sociais, pequeno comercio

Entón ¿Qué son os Medios Sociais?

Chamamoslle Medios de Comunicación Sociais ás plataformas de comunicación en liña onde o contido é creado polas propias usuarias mediante o uso das ¿novas? tecnoloxías e que facilitan a edición, publicación e intertroco de información en duas ou mais direccións.

Tamén usanse outros termos para referirmonos ós medios de comunicación social como "contido xerada pola usuaria", ou "medios de comunicación xerados pola consumidora".

Os medios sociais de comunicación son diferentes ós medios de comunicación industrial, como os diarios, as canles de TV e emisoras de radio. Os medios sociais empregan ferramentas relativamente económicas que permiten que calisqueira persoa poida publicar e ter acceso ós contidos.

¿Cal é importancia dos medios sociais na "propaganda"?


A importancia que teñen os medios sociais teñen que ver co compoñente subxectivo no cal, para calqueira de nos, a información que aportan nosas semellantes supoñen fontes de información de especial confianza.

opinións en redes sociais, medios sociais
Temos moito mais en conta as suxerencias e comentarios que desinteresadamente nos ofrecen as persoas da rúa, coma nos, que experimentaron en primeira persoa coa marca, que probaron o producto, e que decidiron dar a coñecer publicamente suas experiencias e impresións.

Estas opinións valen mais que mil anuncios ou promesas que non sabemos si se van a cumplir.

Recentemente toquei nun tema do Taller a relación entre os Medios Sociais e o Turismo, e alí é especialmente certa esta afirmación. As persoas guíanse polas opinións de outras persoas para ir a tal lugar ou aloxarse en tal sitio, pero non é ese o único sector onde as opinións das outras usuarias contan ou son consultadas.

¿Coñeces xa a reputación do teu #pequenocomercio nas RR.SS e na Internet?

redes sociais, medios sociais

Ata o de agora, que as redes sociais están xa asentadas como parte fundamental das estratexias en liña das empresas, pasaronse por varias etapas en canto a analítica das Redes Sociais.
O primeiro as empresas tentaban calcular o valor económico de unha conversación coa usuaria, logo chegou a obsesión por acumular fans e seguidores, posteriormente o enfoque estaba centrado no Retorno da Inversión (ROI), e parece que agora voltase ó inicio das tendencias: A conseguir compromiso por parte das usuarias e convertilas nas nosas autenticas "comerciais". Persoas entusiastas que non teñen reparo en falar maravillas do teu sitio, dos teus productos ou do teu servizo.

E naturalmente iso é o que temos que pretender.

O meu entender, o punto de mira debemolo poñer en un lugar intermedio: Nin solo ter fans nin pretender exclusivamente a venda directa. Debemos atopar o punto intermedio onde os medios sociais sirvanche de canle de comunicación, de enganche para as usuarias e a vez que sirvan para sumar operacións no teu punto de venda. E iso, a menos que teñas unha compañía monstruosa como Amazón ou I-tunes, normalmente ocurre fora das redes sociais.

Un claro exemplo: As grandes empresas de retail, efectivamente teñen abertas as canles nos Medios Sociais, e tamén seus sitios de compra en liña, pero non pechan seus espacios físicos de venda.
Isto ten unha maior importancia ainda no #pequenocomercio, xa que parte das operacións realizadas teñen moito que ver coas relacións de confianza establecidas entre o minorista e a clientam e contrariamente o que ocurre cos xigantes da venta en liña non é o precio o único importante.

Empezar polo principio: Exactamente, ¿Qué queremos?

Cando pensemos en integras noso #pequenocomercio nas Redes Sociais, debemos ter presente que estas son unha pata mais da nosa estratexia de comunicación e publicidade. Por esta razón o primeiro paso é definir cal vai ser o papel que van ter os medios sociais dentro da estratexia global de comunicación. (dou por suposto que tes unha estratexia de comunicación mais ou menos clara, con obxectivos e plazos definidos).

Os Medios Sociais como parte da estratexia global de comunicación.


Ainda que creas que xa foi dito moitas veces, todo tipo de accións que levemos a cabo para tentar mellorar a nosa mercadotecnia teñen que ser precedidas pola definición dos obxectivos, e tamén pola definición clara e cuantitativa de qué se pretende. Preguntemonos pois...
  • ¿Cal é o obxectivo da nosa estratexia?
  • ¿Para qué quere o teu #pequenocomercio estar presente nos Medios Sociais?
  • ¿Qué queres que  aporten os Medios Sociais a teu negocio?
  • ¿Imos estar nas Redes Sociais porque hai que estar ou buscamos atopar algo que non conseguimos por outras canles?
  • ¿É o momento adecuado para por en marcha esta estratexia?

Unha vez que teñas respostadas estas preguntas, e outras mais que poidas facerte, será o momento de crear unha metodoloxía de traballo para cada unha das redes onde queiramos que o noso #pequenocomercio teña presencia.
Ante todo non teñas premura. Fidelizar as usuarias dos Medios Sociais e amplificar túa presencia é un traballo que require un pouco de pacencia para chegar a ver resultados.

Si ainda non estás nas Redes Sociais, preguntalle ás túas coñecidas cales usan e proba un par delas a vez. Poden ser as mais clásicas como Facebook ou Twitter, ou probar elementos mais dinámicos como as Redes de Mensaxería Instantanea.
Empeza por instalarte e crea un perfil persoal na rede social do teu gusto e empeza a practicar,  para sentirte cómoda no medio. Cando entendas como funciona elo e como podes dar solución a algunha necesidade do teu negocio, crea unha canle exclusiva para el.
Non está ben mezclar as ferramentas de traballo coas de uso persoal.

Para definir a nosa estratexia podemos utilizar un gráfico similar a este, que adaptaremos as nosas necesidades ou peculiaridades do noso comercio:



En función do que queiramos, empezaremos pouco a pouco a crear nosa estructura de comunicación, a ser posible mediante testes A-B (probemos varias cousas a ver cal nos da mellor resultado), e vaiamos construindo nosa "casa" de comunicación dixital.

O ABC de unha estratexia nas redes sociais:

Unha vez que temos claros cales son os nosos obxectivos e que quermos conseguir para o noso negocio a través dos Medios Sociais será o momento de poñerse a traballar en eles.
Moitos dos elementos empregados para o uso dos Medios Sociais como plataformas de comunicación nos veñen dados (a un costo que xa coñecemos), e son uns elementos técnicos excelentes todos eles; cada un adaptado a unhas necesidades ou con unha idea en mente.

Para que teus esforzos en Redes Sociais comencen a dar seus froitos deberías ter en conta estes consellos (seguro que se che ocurren mais a medida que navegues polos medios) para plantexarte unha estratexia nos Medios e acadar aqueles obxectivos que estás a plantexarte.

7 consellos para facer mais atractiva nosa estratexia de Marketing en Redes Sociais.


1.- Non te limites a ser un taboeiro de anuncios.

Hai poucas posibilidades de que un anuncio ó estilo tradicional obteña difusión nas Redes Sociais. Si o traballo de promoción da túa empresa, dos teus productos e servizos,  quere ser realmente atractivo, os contidos compartidos deben proporcionar algún tipo de valor engadido a túa comunidade social (seguidoras, fans, clientas e potenciais clientas)
As persoas que forman parte do Público o cal queres chegar sentiranse mais atraidas si normalmente proporcionas algún tipo de "plus" de calidade (información, humor, entretenemento etc). Para a maior parte das usuarias das Redes Sociais, este valor engadido que proporcionemos nas nosas comunicacións será a única razón que os mova a compartir ou comentar nos Medios (Darlle a me gusta, +1, favorito, partillar etc).

A calidade dos contidos son importantes porque:
  • A maioría das usuarias están saturadas de información.
  • Porque cada vez as usuarias son mais esixentes  nas súas preferencias.
  • Porque xererase confianza cando compartese contido de calidade.
  • Porque o bo contido é unha gran fonte de informacion.
Dentro do contido mais efectivo solen estar as imaxes, ilustracións, as presentacións etc.

Para xenerar contidos que enganchen a túa audiencia non tes mais que pensar nas cousas que che a ti che gustan e tamén as que resultalles agradables ás túas coñecidas (fixate -e si é necesario escribe para analizar posteriormente- que contidos son premiados con comentarios, compartidas, favoritos e me gusta) e actúa en consecuencia.

Si xa tes creada un perfil ou páxina, emprega as estatísticas para mirar cales son os contidos que mais se comparten ou que son mais vistos e tende a publicar contidos similares. No taller de Facebook para #pequenocomercio podes ler  mais arredor das Estatísticas do Facebook.

mellores posts facebook


2.- Transmite mensaxes concretas e claras.

Falalle ás túas seguidoras nas Redes Sociais cunha lingoaxe similar á súa, pero sin esquecerte de que cando estás representando o teu #pequenocomercio, para ti non está todo permitido.

3.- Intenta que a xente identifiquese co contido.

Aporta información de situacións habituais, coas cais a xente poidase sentir identificada e de onde poidan aprender algo ou que sexa capaz de arrancarlle un sorriso para que logo acordese de ti.

4.- Comunicate coa túa comunidade.

Como miramos ó principio, as Redes Sociais son unha canle de ida e volta, polo que si solo empregas un camiño (o de emisión da mensaxe ó estilo da propaganda convencional) estarás perdendote a mellor cualidade da que estes meidos dispoñen.

Contesta ós comentarios, da a benvida ás novas seguidoras, fai preguntas e sobre todo busca cal é a forma de atopar interacción.

5.- Elixe as túas plataformas sociais adecuadas.

Normalmente os experimentos nos Medios Sociais empezanse polo Twitter e mais o Facebook, pero non pases por alto que existen outras moitas redes sociais e canais temáticos onde se comenta a actualidade e cuestións relacionadas co teu sector.
Parte do teu traballo será ir descubrindo cales son esas redes relacionadas  co teu negocio e irte metendo nelas para xenerar a confianza das usuarias.
Como o tempo é un elemento finito, non podes estar en todas as Redes Sociais ó mesmo tempo, polo que deberás escoller con xeito en cais estás mais comoda e cales brindanche maior número de conversacións.


6.- Busca canles de Conversión.

Non se trata de manter un perfil activo porque si, xa que toda a nosa actividade como marca debe estar dirixida a que reporte algún beneficio a curto ou longo prazo. Hasta has ONG's teñen que conseguir obxectivos para poder manter súas actividades.
Calqueira acción a cabo que leves adiante nas redes sociais debe ter un obxectivo premeditado e achegar a túa audiencia a el. Non importa cal fora o que ti escolleras.

7.- Convirte o teu #pequenocomercio en social e integrate na comunidade.

Sin interacción nos Medios Sociais non conseguirás acadar para o teu negocio o mais básico de estes puntos: Ser unha Marca Social.

Integrate pois, solicita opinións,  interactúa, aporta ... e non fagas solo propaganda. Sé verdadeiramente SOCIAL.
abc_do_comercio_social

En definitiva, os medios sociais non son canles de venta directos, senon de persuasión para ser vista e tida en conta.

Si non te coñecen, non estarás presente no "momento da verdade", que é aquel no cal todos os teus esforzos son recompensados coa conversión  en algún tipo de beneficio ou satisfacción que compensen os esforzos realizados.

inbound marketingO Inbound Marketing. O recurso do #PequenoComercio.


O  concepto de Inbound Marketing (Marketing Entrante) naceu para respostar os trocos no comportamento das consumidoreas, que non son pasivas e cada vez están menos dispostas a permitir interrupcións publicitarias como nos medios tradicionais. Na nova realidade son as consumidoras as que atopanse coas marcas e interactuan con elas conscentemente e sin interrupións non desexadas.

Este concepto basease no SEO (verbas que se buscan na Internet), no Marketing de Contidos e no Marketing realizado nos Medios Sociais traballando de forma conxunta e combinando todas as accións posibles para atopar interaccións, mellorar a reputación e conseguir maior visibilidade. Esta visibilidade xa non está baseada na interrupción do anunciante, senon na búsqueda-encontro da usuaria.

Isto podese explicar de outra maneira, usando unha analoxía que tomolle prestada a David Castaneda: Os guapos (que son a publicidade tradicional) teñen como mellor arma súa beleza superficial para triunfar.

Os tipos que temos aspecto "dificil" estamos obrigados a empregar técnicas mais sofisticadas.

Coa penetración das tecnoloxías recentes, que non novas, a propaganda tradicional baseada en amosar a beleza de primeira impresión seduce cada vez menos, xa que o importante non está somente no look, senon en que as persoas cada vez prestan mais atención os contidos.
Voltando o inicio... empatizar co público, aportarlle valor, atender seus problemas... niso ninguén ten mais experiencia que os feos.

Cando non había Internet, o marketing era como o guapetón rico que triunfaba pagando espacios en televisión e gastando fondos nos mellores estilistas e ciruxanos plásticos; agora, en gran medida debido ás redes sociais a festa é un karaoke, onde calqueira pode sair a cantar e resulta aplaudido por ser bo, non só por ter o mellor manager ou os mellores contactos.

"Feitizas as túas usuarias cando túa meta non é facerte cos seus cartos, senon cando perciben que desexas darlles satisfacción"

Voltando a analoxía do flirteo: O feo, o #pequenocomercio, intenta provocar un encontro, unha conversa interesante, chamar a atención as persoas que o rodean. Presta atención e responde sin vacilar... pero nunca amosa as súas razóns de fondo, súas verdadeiras intencións. Si o fai, sabe que está perdido.

A estratexia basease en acadar a confianza da outra persoa practicando a escoita activa.

Ti saberás si para a túa persoa saberá si actuar de esta maneira é dificil ou doado, pero si que sabes, como nunha conversa cara a cara, que un despiste ou un comentario inapropiado pode condear a estratexia ó fracaso e votar pola borda unha chea de traballo para acadar credibilidade, que logo, por certo, dará moito traballo recuperar.

¡¡ Non será necesario repetir que non se pode ir "a saco" !! (Mira este pequeno anaco de  video dunha vella serie humorística de TV.  Friends, e comentanos túa opinión....)


Inbound Marketing


A Guía "Tu comercio un poco más Social", editada polas Cámaras de Comercio e financiada polo Misteiro de Industria e Turismo mais o Fondo Social Europeo permitirache coñecer mais polo miudo o relacionado coa posta en marcha do teu #pequenocomercio nos Medios Sociais.

E ti que opinas respecto ós Medios Sociais como instrumentos de comunicación?
¿Valen a pena? ¿Son perda de tempo?

¡ Enriquecenos coa túa opinión  e si gostache do artigo, ou coñeces a algunha persoa que teña un #pequenocomercio comparteo con ela. Seguro que cho agradecerá.





Voltar ó Indice.
 
Licencia Creative Commons O ABC da estratexia nos Medios Sociais,  por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+ 
 
Emprega, si desexas, o espacio de comentarios do post, na Aula Virtual de  "Aprendermos" no Facebook, ou   no  grupo "Aprendermos" do Linkedin

Webgrafia:

Ningún comentario :

Publicar un comentario