A xestión da Reputación en liña.
Un concepto de recente aparición é o de "Reputación dixital". Este concepto de Reputación on line, está ligada a percepción que as persoas teñen de nos,aquelo que pensna de nos ou ben a percepción ou o que se pensa dunha marca; o que os demais falan de nos.
A xestión da Reputación on line ten unha notable importancia, xa que si somos capaces de observar e descubrir que é o que os outros pensan de nos ou da nosa marca, poderemos tomar accións correctivas que den un cambio á tendencia ou ben podemos influir de maneira positiva na opinión que de nos/marca teñase nas redes.
O dito neste artigo, e válido tamén para valorar como se mira unha persoa "dende afora", ou como ferramenta para a busca de emprego de calqueira persoa.
O dito neste artigo, e válido tamén para valorar como se mira unha persoa "dende afora", ou como ferramenta para a busca de emprego de calqueira persoa.
Para xestionar a Reputación on line debemos proceder en tres pasos:
1.- Monitorizar os comentarios nas redes.
2.- Filtrado de alertas, separando as positivas, negativas e neutras.
3.- Xestión (eventualmente) corrección das alertas destacadas. (suplantacións de personalidade, falsos perfiles, uso de nomes pola competencia...)
Debes observar tamén, xa que non é un caso aillado, si se usurpa teu nome, ou alguén que non eres ti está suplantando a tua identidade. En ese caso debes poñerte inmediatamente tanto co suplantador para que retire os parecidos, a Rede Social para advertila dos feitos, e non dubides denunciar no xuzgado por usurpación/suplantación de personalidade contra quen manexe o outro perfil ou páxina. (cibersquating)
Este video expresa diversas infraccións relacionadas coas suplantacións ou rexistros indebidos.
Debes observar tamén, xa que non é un caso aillado, si se usurpa teu nome, ou alguén que non eres ti está suplantando a tua identidade. En ese caso debes poñerte inmediatamente tanto co suplantador para que retire os parecidos, a Rede Social para advertila dos feitos, e non dubides denunciar no xuzgado por usurpación/suplantación de personalidade contra quen manexe o outro perfil ou páxina. (cibersquating)
Este video expresa diversas infraccións relacionadas coas suplantacións ou rexistros indebidos.
¿Como monitorizar nosa presencia/temática en Internet?
Todas as utilidades que che ofrecemos a continuación, resultan de utilidade tamén para observar as tendencias relacionadas co teu mercado.
En lugar de poñer no cadro de busca o teu nome/empresa, usa as verbas adecuadas relacionadas co teu campo.
É unha ferramenta das mais coñecidas. Tratase de un pequeno programa que nos fai o seguimento de certas palabras en blogs, webs, noticias etc.
Recibes as alertas no teu enderezo de correo electrónico e podes seleccionar a periodicidade dos avisos.
Usase para;
Informarse acerca da opinión sobre unha empresa ou sobre un producto.
Seguir o desenrolo de unha noticia.
Manterse ó día arredor de un sector ou da competencia.
Obter as últimas noticias sobre un persoaxe de actualidade ou un equipo deportivo.
Adictomatic:
Atopa tópicos en blogues e buscadores.
Ask.com
Inusual buscador que amosarache entradas na que nin siquera tiñas pensado. Moi útil para estudiar a competencia, tendencias do teu ramo ou ben ampliar información arredor do teu campo.
Board Reader:
Búscas seleccionadas en distintos medios, posibilidade de busca avanzada, acotación por datas e idiomas. Amosa gráfico de tendencias do tópico ata 6 meses atrás, e permite a comparación de verbas.
How Sociable?
Busca en ata 12 Redes Sociais distintas na versión de balde, e ata en 36 na versión de pago.
Icerocket:
Permite buscar en blogs, Twitter e Facebook.
Omgili:
Búsquedas en foros. Permite segementar por datas.
ReputacionXL.
Funciona de un xeito similar ás alertas de Google. Enviache un resumo cada 1, 2 ou sete días según decidas, e permiteche eliminar (ocultar) determiñadas fontes dos resultados.
É unha aplicación web de búsca de todos os contidos agregados polas usuarias á internet.
Permite monitorear onde eres mencionada -ou o resultado da busca-, quen e cando.
Con esta ferramenta podemos medir a influencia da nosa marca, evento ou "asunto" tanto nas redes sociais como nos blogues, marcadores ou imaxes.
Esta aplicación permite crear alertas tipo Google Alerts, e descargar nun arquivo formato CSV ou folla de cálculo os resultados, e crear un RSS para engadir contidos a un sitio.
Deesenvolvendo e analizando os resultados que atopes mediante esta aplicación podes conectar coas usuarias mais influintes para xerar mais conexión, analizar cales son os medios onde apareces con maior frecuencia, atopar verbas chave que che axuden a desenvolver o producto/difusión, observar que fontes xeneran mais tráfico... e seguramente se che ocurren unhas cantas aplicacións mais.
¿Que che parecen estas ferramentas? ¿Coñecías xa varias delas ou solo algunhas?
Lembra que tua presencia on line é tan importante como a tua presencia fora da rede, así que non debes descuidarte e facer un seguimento frecuente dela.
Si non tiveras tempo , lembroche que podeste poñer en contacto EIQUÍ para presupostar teu Servizo de Monitorización de Presencia on line, gracias o cal tua reputación será monitorizada periódicamente para que nada nin ninguén poida perxudicar tua imaxe nin a dos teus servizos, de esta forma poderás adicar teu tempo ás tarefas que aportan valor ó teu negocio, sin por elo deixar de lado outras cuestións importantes que un equipo profesional fará por ti.
Emprega, si desexas, o espacio de comentarios do post, ou no grupo Aula virtual de Redes Sociais de "Aprendermos" no Facebook , no grupo "Aprendermos" do Linkedin ou no Grupo eMarketing Portugaliza de Google +
¡Colaboremos!
¿Prestache?
Voltar ó Indice.
A xestión da Reputación en liña, por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported Manuel Freiría en G+
Ferramentas usadas para crear este taller: Blogger, Linux Ubuntu, MiriadaX, Mozilla Firefox, Gimp, Inkscape, Google Forms, Google Groups, Google Spreadsheet, Linkwhithin, Facebook Apps, Google Mail, Pinterest, WordPress.
Publicado by Aprendermos.
Ningún comentario :
Publicar un comentario