martes, 8 de abril de 2014

Redes Sociais: A comunicación o alcance de todas.

canteiras As canles de comunicación ó alcance de todas.

Ata fai pouco, as pequenas empresas e organizacións non tiñamos nada ou casi nada que facer fronte as grandes marcas.
As grandes tIñAn a tixola polo mango. 

Grandes recursos, unhas estructuras inmensas, moito persoal a sua disposición... moi dificil pelexar nese ring.

Afortunadamente, o meu entender, as cousas están a trocar, e por sorte para os pequenos, Internet está a acadar o que parecía imposible: Que as pequenas organizacións tiveramos algún tipo de ventaxa competitiva frente ás grandes marcas.

As redes sociais propician unha nova etapa na comunicación: 

A transparencia, a cercanía, a facilidade de contacto e a rapidez da resposta sin que o cliente teña que pasar polo noso local.

Neste senso, as PeMEs xogamos con vantaxe. Somos mais humanas, mais autenticas, mais áxiles. somos mais persoais.

Hoxe, comunicar e facelo con calor humano, é mais doado que fai uns meses; e será mais doado ainda dentro de uns poucos.

Comunicar está ó alcance de todas, e comunicar con intencións de vender ou de valorizar noso producto (pitas de monte nos Ancares ou silbatos de árbitro vía e-mail) está na nosa man, a coste de algo que todas temos: Tempo para a dedicación ó noso emprendemento.

As ONG's e PeMEs, conquiren mediante as redes sociais ser mais humanas, mais persoais, mais auténticas, mais áxiles a hora de resolver. Mais Resolutivas.

Contamos ademais con unha vantaxe que non terán as grandes marcas: Nosos contactos non falan con unha web, ou con un robot durante un proceso de compra: Falan con nos, coas titulares, que somos avalistas da calidade do noso producto.

Eu interpreto este movemento como un avance claro cara a democratización dos sistemas de comunicación (non levemos a enganos... alguén tira tallada !!)

redes sociais, aprendermos, manolofreiria, conversación

As Redes Sociais forzaron un troco de foco nas comunicacións comerciais.

Resulta curioso observar como as grandes marcas están a deixar de falar de clientes, consumidores, e incluso mercados para falar de audiencias para seus productos ou servizos.

As grandes marcas convertiron seus "obxectos sociais" en mensaxe para transmitir ó longo das redes, en lugar de traballar para levar a cabo de forma inmediata a transacción económica.


Este cambio de conceptos parte das Redes Sociais, que fan que as compañías tenten transmitir e que se comente a experiencia do usuario (boa e mala) non solo entre as suas usuarias, senon tamén entre o público xeral.

En todo caso, o primeiro é xenerar audiencia para que a túa mensaxe de marca chegue a persoas. Crease de esta forma unha doble vía que troca ás consumidoras en audiencia e a audiencia en consumidoras.

O caso é que as grandes marcas, non hai tanto tempo, empezaron nas redes sociais de cero, o cal permite analisar cales foron os mecanismos que usaron para facer medrar e manter a sua audiencia e a implicación da mesma nos medios de comunicacíón. 


Certo é que empezaron de cero nas redes sociais, pero partían coa vantaxe de ter un nome xa soado e unhas instalacións cheas de público.

A cuestión que nos debe interesar á hora de ser participantes na carreira do Social Media, é crear unha base de fans activas, que participen e realicen unha difusión dos valores da marca.

 
redes sociais, aprendermos, manolofreiria
Imaxe: Amalio Rey.
Antes da singladura, debemos polo tanto definir a nosa audiencia potencial para dirixirnos a ela:


¿Quén?.- Identificar ás seguidoras mais útiles para a nosa marca.
¿Qué? .- Coñecer que tipos de accións ou contidos atopan maior apoio. Os históricos e as ferramentas de monitorización de Redes Sociais serán de axuda. Resultará interesante incluso valorar que tipo de contidos (fotos, citas, videos...) atopan maior difusión.
Onde?.- Compre coñecer onde pasa o tempo a nosa audiencia para poñernos fácilmente ó seu alcance.

Para qué.- Resulta básico ter claro qué queremos obter. ¿Definichelo xa?
Cómo?.- Artellar estratéxias que reunan as audiencias arredor da túa marca.


Sin existir fórmulas máxicas para acadar o éxito comunicativo, si que podemos mencionar algunhas cuestións importantes e que seguro que non che pasaron por alto:

  • Usar noso perfís nas Redes Sociais seguindo criterios de verbas de busca.
  • Realizar as acción para que sexan compartibles entre distintas redes.
  • Crear contidos específicos para a plataforma favorita da túa audiencia.
  • Responde ós comentarios ... e si son negativos tamén, e sal ben parada. Crea conversación e indaga mais das túas usuarias.
  • Promociona túas redes en todas as plataformas que utilices. O folletos, catálogos, tarxetas de presentación... en todos eles debe aparecer a túa localización nas Redes Sociais.
  • Involucra ós membros da túa empresa. Todas elas poden colaborar na difusión das comunicacións profesionais, e unha mellora no mercado suporá melloras e estabilidade para todas.
  • Recompensa ós membros mais fieis da tua comunidade social mediante ofertas e contidos exclusivos. Isto pode valer tanto para descontos, exclusivas, tests de productos etc.
  • Fai campañas dirixidas exclusivamente a que medre túa audiencia. O Público pode xenerar ventas directas nun futuro, pero primeiro ten que existir.
  • Si non estás moi xusto de presuposto involúcrate nalgunha campaña de pago enfocado ós lugares onde atopase o público do teu interese. As Redes Sociais permiten promocións pagadas e dirixidas a públicos divididos por edades, ubicación, nivel educativo....
  • Analiza os resultados. Por unha banda, o que non se pode medir non existe; por outro lado ás analises resultaranche útiles para repetir os éxitos e evitar os fracasos.
¿E ti, topas mellores formas para difundir túa Marca, Producto ou Servicio?
Exercicio suxerido para este post:

Comparte coas compañeiras a tua opinión.



  • ¿Poderesmoslle os pequenos ós grandes ou non hai volta de folla? 
  • ¿Crees que hai xeito de facer que nosos "productos" impacten mais que os das grandes marcas? 
  • ¿Cómo?
  •  Estarías disposta a compartir espacios dixitais para proxectar mais o teu ámeto?
  • ¿Coñeces algún caso de éxito mediante as redes sociais?

    Emprega, si desexas, o espacio de comentarios do post,  ou no grupo Aula virtual de  Redes Sociais  de "Aprendermos" no Facebook , no  grupo "Aprendermos" do Linkedin ou no Grupo eMarketing Portugaliza de Google +




    Voltar ó Indice.
     
    Licencia Creative Commons Redes Sociais, A comunicación ó alcance de todas,  por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+

    Ferramentas usadas para crear este taller: Blogger, Linux Ubuntu, MiriadaX, Mozilla Firefox, Gimp, Inkscape, Google Forms, Google Groups, Google Spreadsheet, Linkwhithin, Facebook Apps, Google Mail, Pinterest, Twitter,  WordPress.

    Webgrafía:

    De cliente o consumidor a audiencia o viceversa.
    Blogue El Ojo en La Red
    .
    Outsourcing de Conversaciones?.
    Amalio Rey.


  • Ningún comentario :

    Publicar un comentario