De entre os aspectos que mais debería preocuparnos ás que queremos construir unha canle de comunicación a través de Internet para a nosa marca, tanto nos ámetos de comercio, comunicación ou imaxe, tería que ser a creación de unha estratexia adecuada de "Social Media", de forma que quitemos a máxima eficacia estructurando e racionalizando nosos recursos.
Existen multitude de teorías, algunhas mais serias, outras mais triviais que podedes atopar na Internet recetando tal ou cal fórmula.
O certo é que non existe unha receita que garantice a efectividade total da experiencia 2.0, e isto é así porque nun entorno tan novo, en constante evolución e tan dependente das persoas, a adecuación das canles ó noso producto e a adaptación ós gustos das nosas usuarias resultan determiñantes.
Persoalmente estou convencido de que o eixo de calqueira acción na Internet debe sosterse sobre un blogue ou unha páxina web. Un lugar onde recibir e "acoller" ás nosas clientas.
Neste post imos comentar un concepto de estratexia nos medios sociais coñecido como o enfoque da Patria/Embaixada, que foi avanzado por Steve Rubel, e que reatopei lendo un post de Eric Schwartzman.
A estratexia po País/Embaixada
A idea básica da que parte a idea é que o blogue (ou a web) é a patria, e que as redes sociais son as embaixadas.
Si facemos un pouco de historia da instalación de instrumentos de "escoita" dentro da internet, mirariamos que aló polo 2005, as marcas empezaron a colocar tablóns nos seus blogues e páxinas web para recibir as posibles queixas das clientas.
Non cabe dúbida que si é necesario falar ou escoitar unha queixa, é mellor que isto fagase no noso sitio que na plaza pública que é internet. Esta teoría dos comentarios sin censuras, acabou funcionando, e ainda que foran malos os comentarios non se exercía censura. Os comentarios atraen tráfico, e con mais tráfico, mais ventas.
No teu propio blogue ti controlas o terreo de xogo. Falas e desenvolves a túa marca e productos, das instruccións de uso de aquelo que realmente coñeces; podes colocar enlaces ás túas páxinas de ventas, podes colocar botóns de suscripción, e sobre todo, o teu blogue atrae a persoas si se da o caso de que os intereses sexan coincidentes. En definitiva, no teu blogue ti controlas a EXPERIENCIA da usuaria.
Existe unha razón engadida para traballar mais intensamente teu blogue/patria que as embaixadas: Os blogues e as web amosanse con moita mais forza nos buscadores que as publicacións nas redes sociais, dando mais posibilidades de aparecer nas buscas, e polo tanto, de poñer a tua marca a tiro das túas usuarias.
E certo que podes enviar mensaxes por calqueira canal gratuito, como pode ser o Facebook, pero tamén é certo que nosa competencia, o igual que ti, pode colocar anuncios de pago que falen contra do que ti estás decindo, e ti, nin siquera podes pagar unha mensaxe á beira do que estás publicando porque sinxelamente, esa opción non existe.
Imaxe: SocialMediaExaminer |
Na túa patria/blogue ti eres dono da situación e as usuarias aproximanse ó teu terreo, que é onde de verdade chegas a poder vender sexa servizo, marca ou producto.
Pola contra, as páxinas de Facebook ou de Twitter (ou a rede social que decidiches usar) parecense mais ás embaixadas.
Cando un país ten unha embaixada nun país estranxeiro, debe cumplir coas leis do país anfitrión. Facebook e Twitter son tamén (como o teu blogue) nacións soberanas, e teñen leis propias, que son as que coñecemos como Termos do Servizo. Si os violas sin querer, ou porque houbo un cambio nelas, podente deportar en calqueira momento. Si se dera ese caso, que o país de acollida fora hostil a túa política exterior, terás a seguridade de manter tua Patria a salvo, mentras, persoas que coñecen as costumes dos paises anfitrións xestionan os contidos e as comunicacións nas embaixadas.
Na maioría das embaixadas, o groso das empregadas son contratados locais que guían ós funcionarios do Servizo Exterior nas leis e costumes locais. Definitivamente, debemos facer o mesmo nas Redes Sociais.
Debemos ter claro na nosa estratexia de Medios Sociais patria/embaixada que é fundamental integrar as accións nos medios sociais para levar lonxe a imaxe e nome da nosa marca. O fin e o cabo, unhas miles de seguidoras no Facebook ou no Twitter non resultan demasiado interesantes si non somos capaces de traelos á nosa "Terra Natal".
Vincular ó propio blogue dende o Facebook non abonda. Compre que existan canales de ida e volta. Integrar tamén os botóns de Tweet ou Linkedin no teu blogue; incrustar galerías de Flickr, Pinterest ou Instagram na bitácora si traballas con fotografías, ou un "widget" de Youtube si é que usas os contidos de video.
Non é necesario que sexas unha meiga tecnolóxica para usar a técnica dos embebementos nas páxinas, e o longo do desenvolvemento do taller de blogging iremos mirando como facelo, pero si desexas axuda ou non tes tempo, contactanos para que axudemosche con esa tarefa.
¿Qué opinas da teoría Patria/Embaixada proposta por Steve Ruvel?
Emprega, si desexas, o espacio de comentarios do post, ou no grupo Aula virtual de Redes Sociais de "Aprendermos" no Facebook ou no grupo "Aprendermos" do Linkedin.
¡Colaboremos!¿Prestache?
Voltar ó Indice.
Estratexia do País/embaixada para o Social Media, por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported Manuel Freiría en G+
Ferramentas usadas para crear este taller: Blogger, Linux Ubuntu, MiriadaX, Mozilla Firefox, Gimp, Inkscape, Google Forms, Google Groups, Google Spreadsheet, Linkwhithin, Facebook Apps, Google Mail, Pinterest, WordPress.
Webgrafía:
How to integrate social media into your website with a homeland/embassy strategy
Jason Falls
Publicado by Aprendermos.
Ningún comentario :
Publicar un comentario