venres, 28 de marzo de 2014

25 razóns para ter tua marca nas Redes Sociais

25 razóns para ter teu negocio en Internet.

Calqueira que sexa teu negocio, podes estar a cometer un grave erro se non te plantexas unha estratexia de visibilidade na internet.

Hoxe enumeroche 20 motivos polos que o teu negocio debe estar na Internet.

As pautas que se proporcionan van dirixidas a PeMEs e Organizacións que queiran levar a sua mensaxe, o seu producto, mais lonxe.
Sendo estas pautas fundamentais, verás que  poderás realizalas  ti mesma sen mais que un pouco de dedicación e practicamente sin inversión (mais alá do terminal e a conexión necesaria)

¿Por qué poñer o negocio nas Redes Sociais?

1.-Porque é mellor que ver como o día pasa no rato no cal non tes clientas ou alguén se interese.

2.-Porque as persoas (igual que ti) buscan na Internet cando teñen interese ou necesidade de un producto.

3.-Porque a inversión de poñer teu negocio na Internet costarache mais tempo que cartos. A inversión é practicamente nula. 
Podes agardar  os bos resultados para contratar e poñerte en man de profesionais.

4.-Porque canto mais tardes, mais traballo vai dar atopar un sitio para  o teu negocio  en internet.

5.-Porque grazas a Internet pos un valado publicitario na casa dos teus clientes ou teus posibles clientes. 
Teu escaparate xa non se mide en metros nin pola cantidade de xente que pasa pola rúa, senon en persoas interesadas en servizos/productos similares os que ti ofreces. 
O 60% das persoas do sitio donde vives se conectan todos os días a unha rede social.

6.-Porque si tes éxito, podes chegar a vender por Internet.

7.-Porque abres posibilidades de negocio como cobrarlle ós proveedores por promocionar suas marcas ou servizos no teu blogue ou na tua Fan Page.

8.-Porque mellora tua imaxe ante os teus clientes e dache unha imaxe de modernidade.

9.-Porque podes utilizar internet como escaparate. (P.ex co Pinterest)

10.-Porque as grandes compañías de marketing on line proporcionan ferramentas para situarte nos mapas de comercios para que os clientes te atopen mellor

11.-Porque gañas prestixio e polo tanto venderás mais facilmente. Se compartes teus coñecementos e habilidades e coñecementos en Internet o cliente chegará onda ti consciente de que coñeces a materia coa que traballas.
Teu cliente chegará ó teu negocio coa tranquilidade de que estase a poñer nas mans de unha experta.

12.-Porque as redes sociais, como o Facebook,  axudanche a manterte en contacto cos teus clientes e que te teñan en conta, ben mediante grupos, páxinas ou perfiles.

13.-Porque forzate a estar mellorando continuamente para estar á última dentro do teu sector, e ademais tamén verás como se move a túa competencia.
Isto farache vender moito mais ou levar a túa mensaxe moito mais lonxe.

14.-Porque tua tenda pode chegar a estar 24 horas 7 días a semana a disposición da xente.

15.- Porque podedes enviar unha mensaxe a todos os vosos seguidores de unha sola vez, como nos eventos de facebook. 

16.- Porque podes xuntar os teus clientes por grupos, para dirixirvos a cada un según os seus intereses.

17.- Porque tuas clientas poden coller cita, adaptandose ó seu horario, grazas a Internet.
 

18.- Porque podes recibir os pedidos por correo electrónico ou mensaxería, e ese tempo de antelación permitirache reducir stocks e ter o pedido preparado á hora.

19.- Porque podes crear concursos para as túas usuarias gratis. (premios aparte, claro) 

20.- Porque facerse propaganda en internet é mais barato que os flyers, incluso; e ademais podes facelo nos tempos mortos. 

21.- Porque axuda a posicionar tua marca nos buscadores.

22.- Porque axudanche a coñecer o mercado. ( P. ex.: Estatísticas do Facebook)

23.- Porque as persoas encantalle estar nas redes sociais (nas de verdade e nas virtuais) porque....

  • Porque ... encantanos formar parte de grupos, fomentar nosas interaccións, coñecer persoas novas.
  • Porque... Internet e as redes sociais son unha xan3la aberta ó mundo, e gostanos facernos oir.
  • Porque ... as redes sociais son unha forma cómoda de estar en contacto coa nosa xente no medio do vértigo que as veces nos da a vida.
  • Porque .... podemos poñernos en contacto con amigas do pasado, onde queira que estean.
  • Porque... buscamos oportunidades para despuntar e ter éxito, e nas redes atopamos un lugar onde tentar sobresalir.
  • Porque... de algunha forma as redes sociais permiten ser parte activa de movementos e reivinicacións, de amosar nosas preferencias con un compromiso limitado.
24.- 1 de cada 3 clientas consideran que as Redes Sociais son un bo medio para coñecer novos productos e marcas.

25.- O 40% das PeMEs recoñecen maior difusión polo boca-orella dos seus productos e servizos respecto grazas ás Redes Sociais. 


Estas son algunhas das razóns para poñer teu negocio na internet.
Non importa de que negocio se trate.
Non deixes que a competencia te adiante. Vai cando menos ó seu paso.

¿Que outras razóns darías ti para que a tua empresa ou organización esté presente en Internet?
Deixa un comentario, encantarame coñecer túa opinión.

Webgrafía:
Social Media Today: Números y datos de RRSS.



Voltar ó Indice.
 
Licencia Creative Commons 25 razóns para estar nas Redes Sociais,  por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+

Ferramentas usadas para crear este taller: Blogger, Linux Ubuntu, MiriadaX, Mozilla Firefox, Gimp, Inkscape, Google Forms, Google Groups, Google Spreadsheet, Linkwhithin, Facebook Apps, Google Mail, PinterestWordPress.

Ningún comentario :

Publicar un comentario