As redes sociais e a propiedade intelectual
O obxectivo deste post e familiarizar ás usuarias co concepto de propiedade intelectual, así como as marxes e límites do seu exercicio.
Concepto e regulación normativa:
A lei do Reino de España que regula a propiedade intelectual, é o Real Decreto Lexislativo 1/1996 de 12 de Abril, que refunde e harmoniza a diversa lexislación existente xunto coas normas da Unión Europea.
Neste RDL, definese que a propiedade intelectual de unha obra literaria, artística ou centífica correspondelle á autora polo mero feito da súa creación, e inclue nos entes protexidos por esta lei todas as creacións literarias, artísticas ou centíficas expresadas por calqueira medio ou soporte, tanxible ou non, actualmente coñecido ou que se invente no futuro, incluindose nelas , entre outras, os libros, planos, maquetas, programas de ordenador, traduccións, etc etc.