Amosando publicacións coa etiqueta google places. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta google places. Amosar todas as publicacións

luns, 26 de maio de 2014

O pequeno comercio: Social, Local e Móbil.

solomo

O SOLOMO. Un cocktel chegado para quedarse.

Compre  retroceder ata Novembro do 2011 para identificar unha posibilidade  a ter en conta na comunicación corporativa do teu  #pequenocomercio e as posibilidades que ofrece para  as marcas e as usuarias/audiencia mediante os dispositivos portátiles.

A tendencia é o xeomarketing, o uso das redes sociais e dos sistemas de localización para facer valoracións e xerar conversas arredor dos lugares onde interactuamos social e económicamente, definición que foi enunciada por Rob Reed como SOLOMO en novembro de 2011, no seu traballo "The Solomo Maniffest".

A consumidora, ven de acadar un especial estatus na area do consumo. Decide ser "prosumidora". consume con criterio, e ten claro que si ten unha experiencia negativa non lle peta que ninguén mais a teña, (salvo seus enemigos) e tamén é unha persoa que espera atopar comentarios dignos e serios respecto dos lugares que vaia ir visitar.

Obviar a hora de desenvolver unha estratexia de comunicación o Xeomarketing, é  darlle a espalda a realidade e voltar a unha existencia de corazóns de xiz na parede. Social, Local, Mobil. Así é a comunicación hoxe, e si non o vemos, é que estamos ainda en onte.

mércores, 30 de abril de 2014

Chaves para posicionar teu hotel en redes Sociais

timbre, call bell

Chaves para posicionar teu hotel en redes sociais.

Pasos previos a implementación de unha estratexia de Redes Sociais para hoteis.

 

Facer que túa empresa hoteleira estea visible en calqueira parte do mundo será o maior beneficio que lle tirarás a presencia en redes sociais.

Si desexas percorrer o camiño de facer Marketing nos Medios Sociais debes dar unha serie de pasos previos a implementación, empezando dende o papel ata.... ¿a internacionalización...?

Como en calqueira outro campo de traballo ou sector de negocios, unha estratexia de Social Media para empresas de hospedaxe debe comenzar por avaliar cal é o entorno no cal se está a mover, coñecelo, describilo, analisalo, observar o que fan as outras empresas do gremio ...

Debemos pensar que a maioría das compras de viaxes empezan por unha consulta na Internet, e que cando poñemos ó alcance das usuarias as respostas adecuadas as posibilidades de aparecer nas buscas aumentan de forma exponencial.

Pensemos en todas as preguntas que poden pasar polo miolo das usuarias cando están a plantexarse unha viaxe a unha cidade nova:
Todo; dende o transporte do aeroporto a restaurantes, actividades de lecer ou aventura.
Os hoteles mais hábiles usan un enfoque moi humano nas suas Redes Sociais: Publican suas respostas proactivamente, e para elo empregan todo tipo de medios, dende os característicos blogues ata os videos en Youtube.
Os hoteis, crean todo isto para axudar a manexarse as suas  potenciais clientas, e tamén e sobre todo para ser atopados.

sábado, 29 de marzo de 2014

Google Places

Actualización 2014/07/04: Agora Places é Google My Bussines. Lee o texto actualizado.(Click)
A intención de Google con Places, e facilitar as persoas o encontro de lugares no mundo real, integrando nunha soa ferramenta o buscador, os mapas e unha páxinas especiais dentro do G+ verificadas adicadas a empresas.
Places foi lanzada xa no ano 2009 nos Estados Unidos de Norteamérica, coa idea de xerar contido publicidade por parte das pequenas marcas, coa loxistica propia das Redes Sociais de facer ver cales son os comentarios do público respecto ós productos ou servizos.
Compre reseñar e lembrar, que dentro de cada dispositivo de acceso a Google, as cookies indicanlle á Plataforma cal é o lugar onde nos atopamos, e dende os smartphones, o dispositivo de xeolocalizaciòn orientará nosa busca á area onde nos estamos conectando.
Aproximadamente o 20% das buscas no Google están relacionadas coa xeolocalización, e Google quere dar a opción para que as empresas fieis ós seus programas teñan -de entrada- unha vantaxe competitiva a hora de aparecer nos resultados de busca.
Con Google Places podes ubicar a túa empresa físicamente nun plano de Google. Aparecerás nas búsquedas de Google baixo o concepto **verba**clave** Vila
Ainda que Google Places sigue funcional,  estase integrando de unha forma satisfactoria no novo entorno social do Google +.