Amosando publicacións coa etiqueta Lei defensa das Consumidoras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lei defensa das Consumidoras. Amosar todas as publicacións

luns, 16 de xuño de 2014

Pequeno Comercio e Lei de Defensa da Consumidora

Lei de Defensa da Consumidora e Comercio Local

O 13 de Xuño do 2014 entrou en vigor reforma da  Lei Estatal de Defensa dos Dereitos das Consumidoras,(LEDDC), que pretende harmonizar a normativa do consumo na Unión Económica Europea e refundir as diferentes normativas tanto estatais como Europeas emitidas en materia de Protección das Consumidoras e Usuarias. 

Neste artigo enumeramos as leis de referencia, entre as que incluese a Lei de Ordeación do Comercio Minorista,  aportanse diversos documentos útiles para a venta e normalización das operacións por canles distintos os tradicionais elaborados por #‎Trustedshops lider no sector de certificación de tendas en liña, e comentanse os conceptos básicos a ter en conta para achegarse ás vendas mediante canles non convencionais.

As modificacións mais importantes na Lei de Defensa da Consumidora aluden a irregularidades manifestas no obrar cotián de quen pode impor clausulas abusivas, mais marca tamén claramente cales son as posibilidades que ten o #comerciolocal en  novas formas de comercialización emerxentes.