Amosando publicacións coa etiqueta Whatsapp. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Whatsapp. Amosar todas as publicacións

sábado, 21 de xuño de 2014

La Pescadería de Mi Barrio.

"La pescadería de Mi Barrio". 

As Redes Sociais e a Imaxe como ferramentas de difusión e fidelización da clientela.

Txema Iglesias van der Woude, abriu as portas de "La pescadería de Mi Barrio" no posto 44 do Mercado de Teis o 5 de Novembro de 2013, e cando o fixo xa tiña clara a necesidade de amosarse accesible á súa clientela potencial a través de canles de comunicación diferentes, as Redes Sociais, que poñen a comunicación o alcance de todas, e que ademais de servir para vender, permitiranlle achegarse mais ó público, dispoñer de un escaparate virtual e acadar un contacto moito mais inmediato coas persoas.

Txema entende que os cartos saen das ventas, pero que a a visibilidade do seu posto realmente promociona, e mais antes que despois, a curiosidade despertada nas persoas fai que se acheguen ata o seu posto a mirar/admirar seus productos  e seguramente a comprar.

"É importante non machacar a xente solo coa intención de vender, senon tamén de visibilizarse... Cando atopo na lonxa algún peixe un tanto estrano colgo a foto, e reto as persoas a que digan cal e seu nome. Con algunha de estas fotos chegamos ós 5000 impactos"

sábado, 17 de maio de 2014

Un taxi nas Redes Sociais

taxi nigran

Un emprendemento diferente: Un taxi nas Redes Sociais

Youtube, Google +, Facebook Fan Page, Instagram, "Páginas amarillas", Blogue, Twitter, Linkedin, Google Maps, .... Non, non estou a facer unha enumeración de Redes Sociais ou elementos de Social Media recitados ó chou.
Todas estas, e algunhas que non fun capaz de apuntar amén das apps dos seus smartphones, son ferramentas que usa María Muñoz Otero, "Merilempicka", para dar presencia  o seu emprendemento de transporte privado nas redes sociais.

Para ser miña primeira entrevista, nada poido saír peor: O lugar onde quedamos estaba pechado, acomodamonos noutro lugar nunha mesa que abaneaba como o barco na tormenta perfecta, esquecinme de facerlle unhas fotos e ainda por riba a máquina de grabar decidiu poñerse en folga e non rexistrar nada, pero algo quedoume. 

martes, 6 de maio de 2014

A mensaxería instantanea no Comercio Local

A Mensaxería instantanea como ferramenta de Marketing.

Nun contexto no que a mensaxería instantánea ven sendo usada pola maioría das usuarias de telefonía mobil para comunicarse con toda a naturalidade, podemos preguntarnos

¿por qué non tirarlle partido para a nosa empresa?

Seu coste é mínimo, é doado de usar e existe algunha aplicación de mensaxería instantanea para todos os sistemas operativos.
Non son poucas as empresas e negocios que usan os clientes de mensaxería instantanea para promocionar seus negocios, utilizando estas como unha prolongación das suas estratexias "off line", e incluso moitos negocios da Internet adicados a venda en liña manexan a mensaxería instantanea como servizo de soporte e de atención á clienta.

mércores, 30 de abril de 2014

Chaves para posicionar teu hotel en redes Sociais

timbre, call bell

Chaves para posicionar teu hotel en redes sociais.

Pasos previos a implementación de unha estratexia de Redes Sociais para hoteis.

 

Facer que túa empresa hoteleira estea visible en calqueira parte do mundo será o maior beneficio que lle tirarás a presencia en redes sociais.

Si desexas percorrer o camiño de facer Marketing nos Medios Sociais debes dar unha serie de pasos previos a implementación, empezando dende o papel ata.... ¿a internacionalización...?

Como en calqueira outro campo de traballo ou sector de negocios, unha estratexia de Social Media para empresas de hospedaxe debe comenzar por avaliar cal é o entorno no cal se está a mover, coñecelo, describilo, analisalo, observar o que fan as outras empresas do gremio ...

Debemos pensar que a maioría das compras de viaxes empezan por unha consulta na Internet, e que cando poñemos ó alcance das usuarias as respostas adecuadas as posibilidades de aparecer nas buscas aumentan de forma exponencial.

Pensemos en todas as preguntas que poden pasar polo miolo das usuarias cando están a plantexarse unha viaxe a unha cidade nova:
Todo; dende o transporte do aeroporto a restaurantes, actividades de lecer ou aventura.
Os hoteles mais hábiles usan un enfoque moi humano nas suas Redes Sociais: Publican suas respostas proactivamente, e para elo empregan todo tipo de medios, dende os característicos blogues ata os videos en Youtube.
Os hoteis, crean todo isto para axudar a manexarse as suas  potenciais clientas, e tamén e sobre todo para ser atopados.