Amosando publicacións coa etiqueta Comunicación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Comunicación. Amosar todas as publicacións

mércores, 25 de marzo de 2015

4 erros que túa empresa non debe cometer nas Redes Sociais

errores redes socialesA proxección que as Redes Sociais danlle ás empresas é indiscutible, pero ainda que equipos enteiros de Marketing centraran seus esforzos nos Medios Sociais en Liña, non sempre o resultado é positivo. Moitos erros continuan sendo cometidos pola visión do márketing tradicional (outbound marketing), que prioriza a comunicación unilateral e o xogo de empuxar productos para un público que non é doado de acadar xa que cada vez está mais informado e é mais esixente.

domingo, 11 de maio de 2014

O ABC da estratexia nos Medios Sociais

pequeno comercio, social midiaO ABC da estratexia nos medios Sociais.

Pode ser que leves toda a vida traballando no #pequenocomercio, e de pronto mires que todo mundo anda con iso das Redes Sociais as voltas... que si o Feisbuk, que si o Tuiter, o Telegram.... e de pronto atopaste mais perdido que un pulpo nun garaxe e con peores espectativas que un caramelo na porta de unha escola.

O mesmo tempo, se non eres dos que naceches con un teclado na man (coma min e como tantos) e levas a vida adicada a dar servizo ás túas clientas dentro do negocio que coñeces, pode ser que entreche un chisco de pavor a enfrentarte ás novas tecnoloxías... (que xa son tan vellas como a telefonía mobil, por certo).. e non saibas por onde tirar.

Non debes preocuparte. Do que estamos a falar é de Servizo e mais de Propaganda, (pero como iso da propaganda soa mal, imos chamarlle Marketing).

martes, 8 de abril de 2014

Redes Sociais: A comunicación o alcance de todas.

canteiras As canles de comunicación ó alcance de todas.

Ata fai pouco, as pequenas empresas e organizacións non tiñamos nada ou casi nada que facer fronte as grandes marcas.
As grandes tIñAn a tixola polo mango. 

Grandes recursos, unhas estructuras inmensas, moito persoal a sua disposición... moi dificil pelexar nese ring.

Afortunadamente, o meu entender, as cousas están a trocar, e por sorte para os pequenos, Internet está a acadar o que parecía imposible: Que as pequenas organizacións tiveramos algún tipo de ventaxa competitiva frente ás grandes marcas.

As redes sociais propician unha nova etapa na comunicación: 

A transparencia, a cercanía, a facilidade de contacto e a rapidez da resposta sin que o cliente teña que pasar polo noso local.

xoves, 3 de abril de 2014

¿Qué comunicamos?: O obxecto Social

Obxecto Social

¿Que comunicamos?: O obxecto social.

Dentro de cada entorno, comunicamonos arredor daquel tema que é común entre nos. O obxecto social.
Denominamoslle así os elementos de interés común. (o precio do peixe, o partido de fútbol, o estado das estradas, o precio do café, ventas de hoxe, normativas  de recente aprobación que afectan ó noso ámeto, frio no taller, as notas dos rapaces, a xeada e os repolos ....)

Dentro de cada un dos nosos grupos existe cando menos un elemento común que é o que nos pon en contacto, e dentro de cada entorno nosas mensaxes están directamente relacionados con el.

O "Obxecto Social", é, en definitiva, a razón pola que duas persoas están a falar entre elas. As humanas somos animais sociais, gustanos estar con outras, socializar, pero compre que previamente exista unha razón para que a comunicación xurda.

Según a idea do obxecto social, o que se ten que tomar en consideración aquela que desexe usar internet para promocionar sua marca non son as seguidoras, nin os likes, senon o Obxecto Social: O motivo polo que a xente comparte seus contidos.
Unha vez que teñamos claro cal é o noso obxecto social ( Non é o mesmo que un obxecto económico), buscaremos cales son as canles mais adecuadas para poñernos en contacto con él.