Lei de Defensa da Consumidora e Comercio Local
O 13 de Xuño do 2014 entrou en vigor reforma da Lei Estatal de Defensa dos Dereitos das Consumidoras,(LEDDC), que pretende harmonizar a normativa do consumo na Unión Económica Europea e refundir as diferentes normativas tanto estatais como Europeas emitidas en materia de Protección das Consumidoras e Usuarias.
Neste artigo enumeramos as leis de referencia, entre as que incluese a Lei de Ordeación do Comercio Minorista, aportanse diversos documentos útiles para a venta e normalización das operacións por canles distintos os tradicionais elaborados por #Trustedshops lider no sector de certificación de tendas en liña, e comentanse os conceptos básicos a ter en conta para achegarse ás vendas mediante canles non convencionais.
As modificacións mais importantes na Lei de Defensa da Consumidora aluden a irregularidades manifestas no obrar cotián de quen pode impor clausulas abusivas, mais marca tamén claramente cales son as posibilidades que ten o #comerciolocal en novas formas de comercialización emerxentes.