Amosando publicacións coa etiqueta Mensaxería Instantanea. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mensaxería Instantanea. Amosar todas as publicacións

sábado, 21 de xuño de 2014

La Pescadería de Mi Barrio.

"La pescadería de Mi Barrio". 

As Redes Sociais e a Imaxe como ferramentas de difusión e fidelización da clientela.

Txema Iglesias van der Woude, abriu as portas de "La pescadería de Mi Barrio" no posto 44 do Mercado de Teis o 5 de Novembro de 2013, e cando o fixo xa tiña clara a necesidade de amosarse accesible á súa clientela potencial a través de canles de comunicación diferentes, as Redes Sociais, que poñen a comunicación o alcance de todas, e que ademais de servir para vender, permitiranlle achegarse mais ó público, dispoñer de un escaparate virtual e acadar un contacto moito mais inmediato coas persoas.

Txema entende que os cartos saen das ventas, pero que a a visibilidade do seu posto realmente promociona, e mais antes que despois, a curiosidade despertada nas persoas fai que se acheguen ata o seu posto a mirar/admirar seus productos  e seguramente a comprar.

"É importante non machacar a xente solo coa intención de vender, senon tamén de visibilizarse... Cando atopo na lonxa algún peixe un tanto estrano colgo a foto, e reto as persoas a que digan cal e seu nome. Con algunha de estas fotos chegamos ós 5000 impactos"

martes, 10 de xuño de 2014

7 ideas para vender beleza coas Redes Sociais

7 ideas para vender beleza coas Redes Sociais.

Noso obxectivo cando abrimos un negocio, é o incremento das ventas ata que sexa rendible, e logo que sexa quen de xenerar beneficios para a comunidade na que residimos.

A isto chamalle Juan Carlos Mejía LLanos o Circulo Virtuoso do Social Media.
Conquerir visibilidade,>> crear un impacto positivo na clientela, >>e obter con elo beneficios e recomendacións, >>para acadar maior visibilidade... e así seguido.

Mediante esta proposta non é necesario perderse no argot do Marketing, definición de obxectivos etc. Os obxectivos e a medición están no mesmo lugar, a caixa, e o primordial para empezar co círculo é adquirir visibilidade.
De isto vai ser do que falemos neste artigo.

Marketing en liña para Centros de Beleza.

"A diferencia marcada polos estabelecementos  non pode estar marcada polo  precio.Non pode ser ese o camiño a tomar para manter ou recuperar a clientela.En lugar delo adicate a ter clientas felices e satisfeitas. As clientas fidelizanse mentras son túas clientas."

As accións das ofertas pola oferta, competir exclusivamente en precio, fai que nos infravaloremos a nos mesmas, e sobre todo que non consideremos o servizo e nosos coñecementos como a verdadeira fonte de valor do noso negocio.
Debemos buscar formas de diferenciarnos das nosas competidoras, ser innovadoras, acadar visibilidade e recoñecemento por parte do público.
Si creemos boa idea realizar ofertas, será preferible agasallar a clienta con un servicio complementario, ou convidala a un acto de hora feliz na cafetería do barrio a quitarlle o valor que ten o noso traballo. Ademais, canto mais rato esté a clienta no noso local, mais rato teremos para fidelizala e falarlle dos nosos productos e servizos.

martes, 6 de maio de 2014

A mensaxería instantanea no Comercio Local

A Mensaxería instantanea como ferramenta de Marketing.

Nun contexto no que a mensaxería instantánea ven sendo usada pola maioría das usuarias de telefonía mobil para comunicarse con toda a naturalidade, podemos preguntarnos

¿por qué non tirarlle partido para a nosa empresa?

Seu coste é mínimo, é doado de usar e existe algunha aplicación de mensaxería instantanea para todos os sistemas operativos.
Non son poucas as empresas e negocios que usan os clientes de mensaxería instantanea para promocionar seus negocios, utilizando estas como unha prolongación das suas estratexias "off line", e incluso moitos negocios da Internet adicados a venda en liña manexan a mensaxería instantanea como servizo de soporte e de atención á clienta.