Amosando publicacións coa etiqueta Negocios. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Negocios. Amosar todas as publicacións

domingo, 11 de maio de 2014

O ABC da estratexia nos Medios Sociais

pequeno comercio, social midiaO ABC da estratexia nos medios Sociais.

Pode ser que leves toda a vida traballando no #pequenocomercio, e de pronto mires que todo mundo anda con iso das Redes Sociais as voltas... que si o Feisbuk, que si o Tuiter, o Telegram.... e de pronto atopaste mais perdido que un pulpo nun garaxe e con peores espectativas que un caramelo na porta de unha escola.

O mesmo tempo, se non eres dos que naceches con un teclado na man (coma min e como tantos) e levas a vida adicada a dar servizo ás túas clientas dentro do negocio que coñeces, pode ser que entreche un chisco de pavor a enfrentarte ás novas tecnoloxías... (que xa son tan vellas como a telefonía mobil, por certo).. e non saibas por onde tirar.

Non debes preocuparte. Do que estamos a falar é de Servizo e mais de Propaganda, (pero como iso da propaganda soa mal, imos chamarlle Marketing).

mércores, 30 de abril de 2014

Chaves para posicionar teu hotel en redes Sociais

timbre, call bell

Chaves para posicionar teu hotel en redes sociais.

Pasos previos a implementación de unha estratexia de Redes Sociais para hoteis.

 

Facer que túa empresa hoteleira estea visible en calqueira parte do mundo será o maior beneficio que lle tirarás a presencia en redes sociais.

Si desexas percorrer o camiño de facer Marketing nos Medios Sociais debes dar unha serie de pasos previos a implementación, empezando dende o papel ata.... ¿a internacionalización...?

Como en calqueira outro campo de traballo ou sector de negocios, unha estratexia de Social Media para empresas de hospedaxe debe comenzar por avaliar cal é o entorno no cal se está a mover, coñecelo, describilo, analisalo, observar o que fan as outras empresas do gremio ...

Debemos pensar que a maioría das compras de viaxes empezan por unha consulta na Internet, e que cando poñemos ó alcance das usuarias as respostas adecuadas as posibilidades de aparecer nas buscas aumentan de forma exponencial.

Pensemos en todas as preguntas que poden pasar polo miolo das usuarias cando están a plantexarse unha viaxe a unha cidade nova:
Todo; dende o transporte do aeroporto a restaurantes, actividades de lecer ou aventura.
Os hoteles mais hábiles usan un enfoque moi humano nas suas Redes Sociais: Publican suas respostas proactivamente, e para elo empregan todo tipo de medios, dende os característicos blogues ata os videos en Youtube.
Os hoteis, crean todo isto para axudar a manexarse as suas  potenciais clientas, e tamén e sobre todo para ser atopados.

luns, 28 de abril de 2014

Cómo poñer teu blogue en Google

Guía Optimización Motores Google 2011.PDF.
Xa temos noso blogue, con fotos, enlaces...  pero o que queremos é que Internet nos atope, saiba de nos, reciba nosas mensaxes.
Pero.... 

¿Cómo facemos pra que Google nos Atope?


Para elo necesitamos que os motores de busca nos presten atención para que as persoas nos lean e reciban nosos contidos.

En esta entrada quero recopilar unha serie de técnicas constatadas que melloran o comportamento das túas páxinas de Internet sin ter que tocar o código do CMS.
Imos falar de S.E.O.

  ¿Qué é o SEO ???


luns, 21 de abril de 2014

As Redes Sociais no Pequeno Comercio

redes sociais, pequeno comercio, aprendermos, manolofreiria,
Imaxe Creative Commons. Fonte.
Dende unha perspectiva de Comercio (e cando falamos de comercio referimonos o intercambio en xeral tanto de mercadorías, como de servizos, e dentro dos servizos os que poden ser de uso privado ou uso social), debemos considerar as redes como ferramentas de comunicación.
Como tales, requiren de interlocutora/s e de obxecto social que permita interactuar coas clientas, considerando, unha vez mais a estas como as perceptoras do ben ou servizo.(Considerese que según esta premisa considerase clienta a toda a cadea do producto sexa este tanxible ou intanxible)

Si nos retrotraemos uns cantos anos, (un feixe xa), miraremos que o Marketing sempre existiu no pequeno comercio.
.- O escaparate coas suas ofertas.
.- Buzoneos anunciando productos.
.- Flyers nos limpaparabrisas dos autos.
.- Os cartaces nas paradas de transporte público...
.- e o mais valorado: O boca-orella.
¿lembras algún outro?

Os trocos tecnolóxicos puseron ó noso alcance outro tipo de ferramentas, as cais non podemos pasar por alto se queremos manternos visibles no mercado.

redes sociais, pequeno comercio, aprendermos, manolofreiria

As Redes Sociais no Pequeno Comercio.

¿Qué poden aportar ás Redes Sociais á Comunicación dunha PeME ou unha ONG?


1.- Visibilidade:
Tanto entre suas clientas actuais como para as potenciais, que poden coñecer o estabelecemento independentemente da súa ubicación grazas ós novos medios..

2.- Novas Canles:
As Redes Sociais son un excelente método de transmisión de mensaxes ás clientas reais ou potenciais, tanto para amosar novedades, facer promocións, difundir eventos ou calisqueira información que afecte ó día a día do comercio.

martes, 8 de abril de 2014

Redes Sociais: A comunicación o alcance de todas.

canteiras As canles de comunicación ó alcance de todas.

Ata fai pouco, as pequenas empresas e organizacións non tiñamos nada ou casi nada que facer fronte as grandes marcas.
As grandes tIñAn a tixola polo mango. 

Grandes recursos, unhas estructuras inmensas, moito persoal a sua disposición... moi dificil pelexar nese ring.

Afortunadamente, o meu entender, as cousas están a trocar, e por sorte para os pequenos, Internet está a acadar o que parecía imposible: Que as pequenas organizacións tiveramos algún tipo de ventaxa competitiva frente ás grandes marcas.

As redes sociais propician unha nova etapa na comunicación: 

A transparencia, a cercanía, a facilidade de contacto e a rapidez da resposta sin que o cliente teña que pasar polo noso local.

venres, 28 de marzo de 2014

25 razóns para ter tua marca nas Redes Sociais

25 razóns para ter teu negocio en Internet.

Calqueira que sexa teu negocio, podes estar a cometer un grave erro se non te plantexas unha estratexia de visibilidade na internet.

Hoxe enumeroche 20 motivos polos que o teu negocio debe estar na Internet.

As pautas que se proporcionan van dirixidas a PeMEs e Organizacións que queiran levar a sua mensaxe, o seu producto, mais lonxe.
Sendo estas pautas fundamentais, verás que  poderás realizalas  ti mesma sen mais que un pouco de dedicación e practicamente sin inversión (mais alá do terminal e a conexión necesaria)

xoves, 27 de marzo de 2014

23 razóns para estar nas redes sociais

23 razóns para ter teu negocio en Internet.

Calqueira que sexa teu negocio, podes estar a cometer un grave erro se non te plantexas unha estratexia de visibilidade na internet.

Hoxe enumeroche 20 motivos polos que o teu negocio debe estar na Internet.

As pautas que se proporcionan van dirixidas a PeMEs e Organizacións que queiran levar a sua mensaxe, o seu producto, mais lonxe.
Sendo estas pautas fundamentais, verás que  poderás realizalas  ti mesma sen mais que un pouco de dedicación e practicamente sin inversión (mais alá do terminal e a conexión necesaria)