As usuarias de Internet estamos encantadas polo feito de que moito dos servizos que usamos diariamente sexan supostamente gratuito.
Digo supostamente porque en realidade non o son. A cambio do uso do servizo, estamos as ceder os nosos datos, e deixamos que as "arañas" recopilen información (as veces non tan anónima) relacionada co uso que facemos deles.

Cando falamos de gratuidade, non debemos valorar solo o coste económico. O feito de que non desembolsemos cantidade algunha para poder usalos non significa que non lle esteamos pagando as empresas; mais ben o contrario, pero iso si, non con cartos, senon cos nosos datos e os nosos hábitos, que son estudiados minuciosamente por programas diseñados específicamente para "destripalos".
O uso de gratis (ou de balde), ó longo deste artigo, debese entender pois como o concepto de "Non pagar nin dar nada a cambio".
Cando damonos de alta ou rexistramonos nun servizo web, sempre temos que aceptar uns "termos e condicións" de uso do servizo, as normas do xogo entre o prestador do servizo e as usuarias.