Amosando publicacións coa etiqueta xeolocalización. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xeolocalización. Amosar todas as publicacións

martes, 1 de xullo de 2014

Google my Bussines.

google my bussines
O Google My Bussines (Meu negocio) é a evolución natural do Google Places, a ferramenta de Google para instalar os negocios locais para que sexan atopados e valorados polas persoas.
My Bussines é unha ferramenta de promoción gratuita que proporciona Google e que permite ás empresas darse de alta indicando súa ubicación, proporcionando un posicionamento moito mais rápido ante miles de usuarios da internet.

martes, 10 de xuño de 2014

7 ideas para vender beleza coas Redes Sociais

7 ideas para vender beleza coas Redes Sociais.

Noso obxectivo cando abrimos un negocio, é o incremento das ventas ata que sexa rendible, e logo que sexa quen de xenerar beneficios para a comunidade na que residimos.

A isto chamalle Juan Carlos Mejía LLanos o Circulo Virtuoso do Social Media.
Conquerir visibilidade,>> crear un impacto positivo na clientela, >>e obter con elo beneficios e recomendacións, >>para acadar maior visibilidade... e así seguido.

Mediante esta proposta non é necesario perderse no argot do Marketing, definición de obxectivos etc. Os obxectivos e a medición están no mesmo lugar, a caixa, e o primordial para empezar co círculo é adquirir visibilidade.
De isto vai ser do que falemos neste artigo.

Marketing en liña para Centros de Beleza.

"A diferencia marcada polos estabelecementos  non pode estar marcada polo  precio.Non pode ser ese o camiño a tomar para manter ou recuperar a clientela.En lugar delo adicate a ter clientas felices e satisfeitas. As clientas fidelizanse mentras son túas clientas."

As accións das ofertas pola oferta, competir exclusivamente en precio, fai que nos infravaloremos a nos mesmas, e sobre todo que non consideremos o servizo e nosos coñecementos como a verdadeira fonte de valor do noso negocio.
Debemos buscar formas de diferenciarnos das nosas competidoras, ser innovadoras, acadar visibilidade e recoñecemento por parte do público.
Si creemos boa idea realizar ofertas, será preferible agasallar a clienta con un servicio complementario, ou convidala a un acto de hora feliz na cafetería do barrio a quitarlle o valor que ten o noso traballo. Ademais, canto mais rato esté a clienta no noso local, mais rato teremos para fidelizala e falarlle dos nosos productos e servizos.

mércores, 30 de abril de 2014

Chaves para posicionar teu hotel en redes Sociais

timbre, call bell

Chaves para posicionar teu hotel en redes sociais.

Pasos previos a implementación de unha estratexia de Redes Sociais para hoteis.

 

Facer que túa empresa hoteleira estea visible en calqueira parte do mundo será o maior beneficio que lle tirarás a presencia en redes sociais.

Si desexas percorrer o camiño de facer Marketing nos Medios Sociais debes dar unha serie de pasos previos a implementación, empezando dende o papel ata.... ¿a internacionalización...?

Como en calqueira outro campo de traballo ou sector de negocios, unha estratexia de Social Media para empresas de hospedaxe debe comenzar por avaliar cal é o entorno no cal se está a mover, coñecelo, describilo, analisalo, observar o que fan as outras empresas do gremio ...

Debemos pensar que a maioría das compras de viaxes empezan por unha consulta na Internet, e que cando poñemos ó alcance das usuarias as respostas adecuadas as posibilidades de aparecer nas buscas aumentan de forma exponencial.

Pensemos en todas as preguntas que poden pasar polo miolo das usuarias cando están a plantexarse unha viaxe a unha cidade nova:
Todo; dende o transporte do aeroporto a restaurantes, actividades de lecer ou aventura.
Os hoteles mais hábiles usan un enfoque moi humano nas suas Redes Sociais: Publican suas respostas proactivamente, e para elo empregan todo tipo de medios, dende os característicos blogues ata os videos en Youtube.
Os hoteis, crean todo isto para axudar a manexarse as suas  potenciais clientas, e tamén e sobre todo para ser atopados.

luns, 31 de marzo de 2014

Redes sociais nómadas

xeolocalización, aprendermos
Cando nos referimos ás Redes Sociais Nómadas, referimonos a aquelas que "a usuaria" leva con ela durante a sua vida social virtual.
Estas Redes Sociais, habitan nos dispoitivos móbiles, e facilitan as tarefas de facer "check in",  (estiven en), e recomendar ou des-recomendar os servizos de determiñado lugar.
Por outra banda, estas redes amosan información relevante para as usuarias a nivel de rúa, amosando a ubicación de aqueles servizos ou productos que se demandan, así como a opinión de outras usuarias respecto a ditos lugares.

Mentamos neste post unhas cantas ferramentas de xeolocalización que poden ser populares ou non cando leas este post. 
A parte importante de este aporte e que a xeolocalización ubicanos, nunca mellor dito, no mapa... e por un precio ridiculo (cero unidades) existimos nos resultados de busca, asociados ademais. ó mapa da nosa vila.

sábado, 29 de marzo de 2014

Google Places

Actualización 2014/07/04: Agora Places é Google My Bussines. Lee o texto actualizado.(Click)
A intención de Google con Places, e facilitar as persoas o encontro de lugares no mundo real, integrando nunha soa ferramenta o buscador, os mapas e unha páxinas especiais dentro do G+ verificadas adicadas a empresas.
Places foi lanzada xa no ano 2009 nos Estados Unidos de Norteamérica, coa idea de xerar contido publicidade por parte das pequenas marcas, coa loxistica propia das Redes Sociais de facer ver cales son os comentarios do público respecto ós productos ou servizos.
Compre reseñar e lembrar, que dentro de cada dispositivo de acceso a Google, as cookies indicanlle á Plataforma cal é o lugar onde nos atopamos, e dende os smartphones, o dispositivo de xeolocalizaciòn orientará nosa busca á area onde nos estamos conectando.
Aproximadamente o 20% das buscas no Google están relacionadas coa xeolocalización, e Google quere dar a opción para que as empresas fieis ós seus programas teñan -de entrada- unha vantaxe competitiva a hora de aparecer nos resultados de busca.
Con Google Places podes ubicar a túa empresa físicamente nun plano de Google. Aparecerás nas búsquedas de Google baixo o concepto **verba**clave** Vila
Ainda que Google Places sigue funcional,  estase integrando de unha forma satisfactoria no novo entorno social do Google +.

Yelp

xeolocalización Yelp
Yelp fundouse no 2004 para axudar ás persoas a atopar bos negocios locais, tales como dentistas, perruquerías,  talleres ou restaurantes.
Acadou un promedio mensual aproximado de 102 millóns de visitantes únicos no primeiro cuatrimestre do  Q1 2013.
Os "Yelpers" levan escrito mais de 39 millóns de comentarios arredor de negocios locais.
Ademais dos comentarios,  podes empregar Yelp para atopar  listas de servicios e por suposto para  para falar con outras  "yelpers".(usuarias de Yelp)

Calquerira empresa (ou seu xerente nas redes) pode configurar unha  conta gratuita para publicar fotos e enviar mensaxes ós clientes.
Yelp gaña cartos vendendo publicidade a negocios locais.  - Verás eses " anuncios de Yelp" claramente etiquetados alrredor do sitio web.
Os anunciantes de pago nunca poden moidificar nin reorganizar os comentarios recibidos sobre o seu sitio.
Yelp ten un filtro automatizado que elimina una pequena parte dos comentarios; centrase nos comentarios sospeitosos de ser abusisvos (tanto os bos como os cŕiticos)
Podese acceder a Yelp a través de iPhone, Android,BlackBerry, e mais - ver la lista completa de aplicacións para móviles aquí.